galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
O Proxecto EUMULLER organiza un encontro coa Asociación de Artesáns do Eume
O Proxecto EUMULLER organiza un encontro coa Asociación de Artesáns do Eume
18/12/2007
O Proxecto Eumuller celebrou nas Pontes o 13 de decembro, o Encontro Eumuller dirixido aos artesáns e artesás do Eume.

A Asociación Euroeume conxuntamente ca Asociación de Artesáns do Eume dentro das accións programadas na implementación do Proxecto Eumuller levou a cabo o Encontro Eumuller 2007.

O Encontro Eumuller 2007 celebrouse o dia 13 de decembro de 2007 no concello das Pontes. A celebración do encontro responde entre outros aos seguintes obxectivos: potenciar o asociacionismo recollendo as demandas dos artesáns do territorio, e crear un espazo de intercambio de experiencias.


ampliar imaxe [+]

O programa do mesmo estimo dividido en dúas partes diferenciadas. Na sesión da mañá, traballouse o asociacionismo e tivo lugar unha mesa redonda de Artesanía e Xénero na que Maca Rego ( Directora e psicóloga do Centro de Información á Muller das Pontes) con prespectiva profesional e por outra banda, María Pérez Martín (Canteira e Ebanista) como artesá que desenvolve unha actividade tradicionalmente masculinizada e Juan García Gómez (Bolilleiro) como artesán que desenvolve unha actividade feminizada, contaron as súas experiencias. Na sesión da tarde realizouse un obradoiro de Novas Técnoloxias e traballo en rede, na que tivo lugar a presentación da páxina web de Euroeume ca participación no foro dos artesáns e artesás aquí incluído. Tamén se presentaron diferentes páxinas relacionadas ca artesanía, e os propios asistentes participaron cas súas páxinas, e na creación de correos electrónicos. Estas actividades foron realizadas na aula informática de Nauta.


ampliar imaxe [+]

A parte máis lúdica do encontro foi a comida de grupo, que a modo de punto de encontro, xuntou ás persoas participantes.