galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Aprendendo da experiencia dos programas de Desenvolvemento Rural en Galicia
Aprendendo da experiencia dos programas de Desenvolvemento Rural en Galicia
14/12/2007
Con este proxecto pretendese realizar unha evaluación do traballo realizado nos últimos anos para sacar conclusións que permitan mellorar o labor das diferentes asociacións de desenvolvemento así como buscar líneas de colaboración entre as distintas entidades para preparar así as futuras actuacións a desenvolver no próximo periodo de programación que empezará o vindeiro ano 2.008.

O pasado mércores día 12 celebrouse unha xuntanza da Asociación EuroEume no marco do proxecto de cooperación que se está a desenvolver coas asociacións de Terra das Mariñas, Asdecomor, ADR Pontevedra, Rio Lor e a Fundación Comarcal da Ulloa.

A avaliación está a ser realizada pola empresa Quasar Consultores, polo que en dita reunión a empresa presentou un adianto das principais conclusións, o que deu pé a discutir os resultados e líneas de traballo futuras nos diferentes ámbitos contemplados no estudo: benestar e servizos a poboación, turismo e patrimonio, medio ambiente, industria agroaliementaria e promoción económica.



Arquivos relacionados: novasarq_13_1.jpg