galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
novas euroeume
pagina anterior páxina 9 de 10 pagina siguiente
01/02/2008
Na reunión mantida onte martes polos Alcaldes do Eume, a Asociación EuroEume e o Centro de Iniciativas Turísticas Eumeturismo para valorar a información emitida polo Sr. Pablo Villamar acordouse emitir o seguinte comunicado:
EuroEume e o conxunto de Alcaldes incluidos no Plan (Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela, As Pontes e Vilarmaior) convidaron a través dun escrito o 1 de Outubro ao Sr. Pablo Villamar a presidir un encontro coa Asociación EuroEume e con todos os Alcaldes para debatir e consensuar os obxectivos do Plan, as accións a desenvolver e as fórmulas de xestión do mesmo. Asimesmo solicitouselle unha copia do borrador do convenio para coñecer os detalles do mesmo.
O Vicepresidente da Deputación enviou o pasado 26 de Novembro de 2.007, e por primeira vez, a Asc. EuroEume un texto con actuacións pechadas e cun orzamento para a xestión do mesmo que representa o 10 % da inversión total.


Ler máis
23/01/2008
O vindeiro 18 de febreiro comezará na Casa da Cultura do concello da Capela o seminario “O Coidado das persoas coidadoras”. Este seminario está organizado polo Concello da Capela e pola Asociación Euroeume no marco do Proxecto EuMuller 2007, e o impartirán a psicóloga Mari Carmen Rego, e a terapeuta ocupacional María Carmen Fernández.

Ler máis
30/12/2007
A proposta presentada pola Asociación Euroeume foi a elexida pola Deputación da Coruña para xestionar o servizo de atención aos visitantes do mosteiro de Caaveiro durante os vindeiros dous anos. E dicir, Euroeume será a encargada de organizar as visitas guiadas polo interior do cenobio recentemente restaurado.

A proposta de Euroeume para Caaveiro consiste en ampliar os servizos ofrecidos creando unha xornada semanal destinada a que as escolas visiten o cenobio de maneira gratuita.

O réxime e condicións de visitas serán básicamente as mesmas que durante o ano pasado, é dicir, as visitas serán gratuítas, e sempre guiadas en grupos dun máximo de vinte persoas.

Ler máis
27/12/2007
Enmarcados no Proxecto EumeXoven celebraronse os Foros da Mocidade EumeXoven 2007. Foros que teñen como obxectivo escoitar a voz da mocidade asi como coñecer a súa visión do territorio, futuro, necesidades e expectativas. Ao longo do mes de decembro celebraronse os seguintes foros: O 4 de decembro Foro da Mocidade Cabanas-Pontedeume, o 15 de decembro Foro de Mocidade Monfero-Vilarmaior, o 19 de decembro Foro de Mocidade As Pontes e 20 de decembro Foro de Mocidade San Sadurniño.

Ler máis
18/12/2007
O Proxecto Eumuller celebrou nas Pontes o 13 de decembro, o Encontro Eumuller dirixido aos artesáns e artesás do Eume.

A Asociación Euroeume conxuntamente ca Asociación de Artesáns do Eume dentro das accións programadas na implementación do Proxecto Eumuller levou a cabo o Encontro Eumuller 2007.

Ler máis
14/12/2007
Con este proxecto pretendese realizar unha evaluación do traballo realizado nos últimos anos para sacar conclusións que permitan mellorar o labor das diferentes asociacións de desenvolvemento así como buscar líneas de colaboración entre as distintas entidades para preparar así as futuras actuacións a desenvolver no próximo periodo de programación que empezará o vindeiro ano 2.008.

Ler máis
20/11/2007
Ábrese aquí unha nova vía para comunicar as diferentes actividades que estamos a desenvolveer no Centro de Desenvolvemento Rural Euroeume, unha entidade sen ánimo de lucro cuxo ámbito de actuación o forman os concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, As Pontes, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior.
20/11/2007
Os días 21 e 22 de novembro, celebrouse en Casas Ibañez, na provincia de Albacete, un encontro do proxecto de cooperación con América Latina "Tejiendo Redes".
20/11/2007
O día 17 de novembro, celebrouse nas Ponte un encontro formativo do proxecto "Eumexoven", impulsado por Euroeume no marco das actividades desenvoltas con cargo ao IRPF, en colaboración cos 9 concellos do territorio.
09/11/2007
Os pasados días 6, 7 e 8 de novembro, membros de Euroeume despláronse a Gubbio, na zona da Alta Umbria, para o primeiro dos encontros planificados dentro do proxecto de cooperación transnacional que pretende poñer en valor os castelos e mosteiros medievais do territorio.

Ler máis