galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Constituese a Mesa Sectorial de Cooperación
Constituese a Mesa Sectorial de Cooperación
04/06/2008
O pasado Luns 26 de Maio tivo lugar no local de Euroeume a primeira reunión da "Mesa sectorial de Cooperación Euroeume". Nesta reunión realizouse en primeiro lugar unha valoración da recente viaxe a Jujuy e Tarija, no marco do proxecto de cooperación transnacional "Tejiendo Redes". Posteriormente os técnicos de Euroeume informaron das conclusións dos Talleres de Traballo expostos na última reunión de "Tejiendo redes", celebrada en Segovia. Por último tratouse a necesidade de crear ferramentas que faciliten o traballo da mesa e a comunicación con América Latina e o resto dos grupos de desenvolvemento que participan neste proxecto. Neste ámbito acordouse crear un blog, http://euroeume.blogspot.com, no que se publicarán novas relacionadas co proxecto e co universo da axuda á cooperación.


Ligazón relacionada: http://www.tejiendoredes.info