galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
O conselleiro de Medio Rural resalta a importancia dos Grupos de Desenvolvemento e do Leader para o medio rural
O conselleiro de Medio Rural resalta a importancia dos Grupos de Desenvolvemento e do Leader para o medio rural
29/05/2008
Nas sextas xornadas “Os impactos dos Grupos de Acción Local no Desenvolvemento Rural”, o Conselleiro resaltou a importancia da Iniciativa Leader para mellorar a calidade de vida e a dinamización nas zonas rurais.

Estas xornadas, que contaron coa presencia de mais dun centear de persoas, celebráronse o pasado 21 de maio en Santiago e foron organizadas pola Asociación Euroeume en colaboración con outros cinco grupos de desenvolvemento galegos no marco dun proxecto de cooperación que tivo como obxectivo realizar unha avaliación dos traballos realizados durante o periodo de vixencia do Programa Leader +.

Durante a apertura da xornada o Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal, alabou o traballo que realizan a maioría dos Grupos de Desenvolvemento a pesares das cargas burocráticas e administrativas ás que están sometidos. Tamén comentou que no seguinte periodo a Consellería pensa realizar unha reorientación destes programas priorizando os proxectos productivos innovadores nos sectores da agricultura e no forestal, así como aqueles proxectos non productivos que cubran as necesidades da poboación rural, e que melloren tanto a súa calidade de vida como a competitividade dos seus territorios.
Apertura Xornada
ampliar imaxe [+]


Posteriormente celebrouse unha mesa redonda na que participaron o Presidente da Rede Española de Desenvolvemento Rural, o Subdirector Xeral de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER da Consellería de Medio Rural, e o presidente da Rede Huebra de Desenvolvemento Rural, a primeira rede de Grupos de Desenvolvemento Rural creada en España. Todos os ponentes, incluidos os representantes da Administración Autonómica e Estatal, coincidiron nas oportunidades que abren para os Grupos de Desenvolvemento coa nova Lei de Desenvolvemento Sostible, que debería aportar unha importante cantidade de diñeiro a estes grupos para desenvolver proxectos no medio rural.

A terceira parte desta xornada dedicouse á presentación do libro “Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento 2000-2006”, que recolle as conclusións da avaliación realizada pola empresa Quasar Consultores sobre os traballos realizados polos Grupos de Desenvolvemento Euroeume, Terra das Mariñas, ASDECOMOR, Fundación Comarcal da Ulloa, ADR Río Lor e ADR Pontevedra durante o programa Leader +. Nesta publicación recóllese tamén unha guía de boas prácticas baseada naqueles proxectos mais significativos e que mellor encarnan a filosofía deste tipo de programas de desenvolvemento rural, que foron apoiados e promovidos por estes grupos. Todas aquelas persoas que queran un exemplar desta publicación poden poñerse en contacto con Euroeume e solicitalo.
Mesa Redonda
ampliar imaxe [+]


O acto pechouse coa sintura dos estatutos e constitución da Rede Galega de Desenvolvemento Rural por parte dos presidentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural participantes neste proxecto de cooperación. Esta rede ten como obxectivo unificar os criterios dos Grupos de Desenvolvemento participantes, pero tamén debe constituir unha ferramenta de apoio para o traballo dos grupos e para a súa intermediación coa Administración Autonómica e Estatal.