galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS DO PROGRAMA LEADER +
XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS DO PROGRAMA LEADER +
15/05/2008
A Asociación Euroeume participa nun proxecto de cooperación con outros 5 grupos galegos que ten por obxectivo avaliar os resultados do programa de desenvolvemento rural nos territorios.

O vindeiro mércores 21 de maio, en Santiago de Compostela, terá lugar a xornada final do proxecto de cooperación, baixo o lema “Os Impactos dos Grupos de Acción Local 2000-2006”, na que se presentarán os resultados do proxecto. Estes resultados recolléronse nunha publicación que se distribuirá a todos os socios da entidade.


A presentación da xornada correrá a cargo do Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e ao longo da mesma intervirán tanto os participantes no proxecto como un grupo de expertos en desenvolvemento rural que avaliarán os impactos dos programas de desenvolvemento rural no período 2000–2006. Entre eles, estarán o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER na Consellería de Medio Rural e xerentes de Redes de Grupos de desenvolvemento rural de ámbito estatal.

Ao peche da xornada presentarase a Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural que se constituiu ao amparo deste proxecto cos grupos participantes no mesmo.