galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Xornadas de Artesanía nas Fragas do Eume
Xornadas de Artesanía nas Fragas do Eume
13/03/2008
A Asociación de Artesáns do Eume, en colaboración co Centro de Interpretación das Fragas do Eume, organizan estas xornadas de promoción da artesanía do territorio entre o 18 e o 23 de marzo, coincidindo coas vacacións de Semana Santa.

Cada un destes días contará con duas exposicións individuais, unha matutina, a partir das 12 e outra vespertina, a partir das 17 horas. Nestas exposicións mostraranse os traballos que realizan os diferentes artesáns participantes: Canteiros, torneiros, cesteiros, bordado e encaixe, ... . Ademais cada artesán participante explicará os métodos que empregan para elaborar esas pezas apoiándose en medios audiovisuais e fotográficos.

A xornada de clausura realizarase o domingo 23 de marzo, cunha exposición conxunta de todos os artesáns presentes nesta asociación.



Arquivos relacionados: novasarq_26_1.jpg