galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
V ENCONTRO UNIVERSIDADE RURAL
V ENCONTRO UNIVERSIDADE RURAL
13/02/2008
Catro representantes da Asociación Euroeume participaron os días 8, 9 e 10 de febreiro no V Encontro Universidade Rural Paulo Freire realizado no albergue rural Balcón en Cerezo de Abajo, Segovia. No programa de traballo recollíase entre outros obxectivos perfilar propostas, actuacións e compromisos de cara a continuar na construcción do proxecto educativo da universidade rural a nivel estatal.

Ao longo da fin de semana presentaronse os traballos desenvolvidos ata o momento nos distintos territorios nos que se está iniciando a construcción da Universidade Rural, entre eles o territorio que comprende a Asociación Euroeume.

O encontro no que participaron ao redor de 50 persoas ía dirixido a animadoras e animadores da URPF, responsables dos grupos de desenvolvemento participantes no proxecto, membros das asociacións, colaboradoras e colaboradores de universidade rural.