galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Xornada sobre Presupostos Participativos en San Sadurniño
Xornada sobre Presupostos Participativos en San Sadurniño
12/02/2008
O 12 de febreiro celébrase, no Concello de San Sadurniño e organizado pola Asociación Euroeume no marco da Axenda 21, unha xornada sobre presupostos participativos destinada aos equipos de goberno dos Concellos de A Capela e San Sadurniño.



Nesta xornada, os técnicos de CIMAS (Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible ), avalados pola Universidade Complutense de Madrid e por ter iniciado este proceso en 20 Concellos de todo o Estado, presentarán aos equipos de goberno as características deste sistema, que permite aos habitantes do concello tomar parte nas decisións de a que se destinan unha parte dos recursos económicos do seu Concello.


No caso de decidir implantar este sistema San Sadurniño e A Capela convertiríanse nos primeiros Concellos de Galiza en facelo.