galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
A Asociación Euroeume presentou na Asamblea Xeral o borrador do Plan Estratéxico para o periódo 2008-2013.
A Asociación Euroeume presentou na Asamblea Xeral o borrador do Plan Estratéxico para o periódo 2008-2013.
10/09/2008
Na Asamblea da Asociación ademais de presentarse as liñas de traballo para o próximo Programa Leader, escolléronse os membros que formarán parte da Xunta Directiva da Asociación.

O pasado luns, 8 de setembro, no Centro de Dinamización Empresarial da Asociación Seara en As Pontes, celebrouse unha Asamblea Xeral na que se presentaron as liñas de traballo do Plan Estratéxico para os próximos anos, que ademáis constituirá a candidatura da Asociación Euroeume para o Programa Leader 2008-2013. As liñas de traballo presentadas partiron fundamentalmente das Mesas Sectoriais convocadas por esta entidade para favorecer a participación dos axentes do territorio na definición das actuacións a levar a cabo durante os próximos anos. No transcurso desta Asamblea tamén se procedeu elección dos once cargos correspondentes as asociacións que forman parte de Euroeume.

Plan Estratéxico:
O Plan Estratéxico, que recolle as prioridades da Asociación para os próximos anos, aproveitarase para presentar á convocatoria da Consellería de Medio Rural para a xestión das axudas concedidas ao abeiro do Leader. Neste periodo o Leader intégrase como unha das liñas do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2.007-2.013, polo que se poderán conceder axudas para desenvolvemento rural ata ese ano 2.013.
Anteriormente EuroEume xa xestionou diferentes programas de desenvolvemento rural; o Proder entre o ano 1.998 e 2.001 ou o Leader + entre o 2.002 e o presente 2.008.

Nova composición da Xunta Directiva
Outro dos puntos do día desta Asamblea centrouse na elección das entidades que formarán parte da Xunta Directiva de Euroeume. A asociación modificou recentemente os seus estatutos, ampliándose de 14 a 21 o número de entidades que conformarán a Xunta Directiva. Para cumplir os requisitos estipulados pola Consellería de Medio Rural, mantendo o espíritu da Asociación, é necesario que o sector privado sexa maioritario con respecto ao Sector Público.

Nesta nova Xunta Directiva o Sector Público estará representado por dez membros; dunha banda polos alcaldes dos 9 concellos do territorio que abrangue Euroeueme: Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior, ademais da representación da Deputación da Coruña, exercida pola Deputada pontesa Montserrat García Chavarría.

Os restantes once cargos foron elexidos entre os candidatos presentados polas cinco mesas sectoriais entre as que se reparten as asociacións que participan en EuroEume. Cada un destes grupos conta con dous representantes dentro da Xunta Directiva, así os representantes da mesa Agrogandeira e forestal serán a Agrupación Agroalimentaria do Eume e Asociación Forestal de Galicia; os representantes da mesa dos Empresarios, Comerciantes e Sindicatos serán a Asociación SEARA e a Asociación de Empresarios de Turismo; a mesa das Asociacións veciñais estará representada pola U.V. Olmo e por Plataforma Promonfero; as Asociacións culturais estarán representadas pola Universidade Rural do Eume e pola Asociación Briante; e en representación da mesa de Igualdade e Benestar social escolléronse a Asociación de Viiuvas das Pontes e por AFAES Portanova. O undécimo cargo, escollido pola Asemblea Xeral de entre os restantes candidatos propostos por estas mesas sectoriais, foi a Asociación de Artesáns do Eume. Desta maneira mantense a estrutura da Xunta Directiva, con maioría das asociacións non lucrativas sobre as administracións públicas.

A Asamblea de Euroeume tamén manifestou a necesidade de que as entidades continúen participando nas Mesas Sectoriais, de cara a seguir alimentando o Plan Estratéxico da Asociación e procurando xerar ideas e debates sobre as cuestións de importancia para o territorio. Neste aspecto Euroeume ten previsto preparar un calendario de reunións para dar continuidade as Mesas Sectorias que forman parte da entidade.