galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Convocadas as mesas sectoriais de participación social
Convocadas as mesas sectoriais de participación social
22/07/2008
O pasado xoves, día 17, a Asamblea Xeral aprobou o calendario de traballo para establecer o Plan Estratéxico da Asociación para os próximos anos. Marcáronse as primeiras datas para convocar as mesas sectoriais, ás que están convidadas todas as persoas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento do territorio.

mesas sectoriais
ampliar imaxe [+]


En primeiro lugar, o 23 de xullo, celebrarase unha Mesa Técnica Intermunicipal, na que participarán técnicos de todos os concellos do territorio, e que dará continuidade á rede de traballo creada durante o ano 2007. A segunda cita, prevista para o día 28 de xullo, correspóndelle á Mesa Sectorial do Comercio e a Empresa, na que participarán as entidades involucradas no sector empresarial do territorio. En terceiro lugar celebrarase a Mesa do Tecido Asociativo, o día 29 de xullo. Nesta mesa participarán as entidades veciñais, culturais, deportivas e sen ánimo de lucro. O día 30 de xullo será o turno para a Mesa de Igualdade e Benestar, na que están chamadas a participar todas aquelas entidades prestadoras de servizos sociais, así como as asociacións de mulleres e de economía social. Todas estas xuntanzas celebraranse no local da Asociación, siutuado nas Pontes, na Rúa Capela, 21 .

Durante o mes de agosto celebraranse as reunións das restantes tres mesas sectoriais: Agrogandeira, Turismo, Forestal e Cooperación.