galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Euroeume modifica os seus estatutos na Asemblea Xeral da Asociación
Euroeume modifica os seus estatutos na Asemblea Xeral da Asociación
18/07/2008
Onte, xoves 17 de xullo, celebrouse, na casa da Cultura de A Capela, a Asemblea Xeral da Asociación Euroeume. No transcurso da mesma, ademais de aprobarse as Contas anuais da asociación durante a sesión ordinaria, houbo unha convocatoria extraordinaria na que se acordou modificar os estatutos e a composición da Xunta Directiva, e se explicou como se van organizar as mesas sectoriais no territorio de cara á preparación da candidatura para o Leader 2007-2013.

Durante Asamblea Ordinaria, á que asisitiron representantes dunhas 30 entidades asociadas, aprobáronse por unanimidade as contas anuais do ano 2007, e o Orzamento para o ano 2008, que ascende á cantidade de 687.000 €. Ademais presentouse a memoria de actividades do ano 2007, ofrecéndose información sobre os proxectos que está a desenvolver Euroeume (Xornal Pegadas, Castello de Moeche, Universidade Rural, ...) e sobre aqueles que apoiu durante o 2007 a través das axudas do Leader +, (casas de turismo rural, xeriátricos,...)

asamblea xeral 08
ampliar imaxe [+]


A Asamblea Extraordinaria comezou xusto a continuación, e nela único punto do día era a modificación dos estatutos da asociación para adaptalos á realidade da asociación e á nova convocatoria do Leader, así como informar da maneira en que se van estruturar as mesas sectoriais que deben dar contido á candidatura que presente Euroeume para o Leader, e que tamén decidirán que entidades de cada mesa van formar parte da futura Xunta Directiva da Asociación.

Un dos puntos que maior interese suscitou foi a modificación da Xunta Directiva, que pasa de estar formada por 14 membros a unha composición de 21 cargos. Nesta nova Directiva estarán presentes 10 persoas en representación do sector público: os alcaldes dos nove concellos que abrangue Euroeume e a Deputación Provincial. Os restantes once cargos serán elixidos polas mesas sectoriais de entre as asociacións que participan en Euroeume. Desta maneira manterase a estrutura da Xunta Directiva, con maioría das asociacións non lucrativas sobre as administracións públicas. Esta modificación foi aprobada por unha abrumadora maioría de 24 votos a favor e un en contra.

Outro punto de discusión sobre o funcionamento da Xunta Directiva centrouse na posibilidade da delegación de voto das persoas ausentes na Xunta Directiva. Finalmente acordouse por unanimidade que cada entidade representante dunha mesa sectorial teña marcado un sustituto para cubrir posibles ausencias cando se celebren reunións da Xunta Directiva.

Acordouse tamén o calendario de traballo para establecer o Plan Estratéxico da Asociación para os próximos anos. Marcáronse as primeiras datas para convocar as mesas sectoriais, ás que están convidadas todas as persoas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento do territorio.