galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Presentación en Madrid da Universidade Rural Paulo Freire
Presentación en Madrid da Universidade Rural Paulo Freire
21/06/2008
Baixo o lema “Cando Hai Festa E Porque Se Celebra Algo Importante” presentouse en Madrid a Universidade Rural Paulo Freire.
O pasado 20 de xuño de 2008 presentouse a Universidade Rural Paulo Freire-URPF no Palacio de Congresos de Madrid. O acto contou, ademais de cos equipos das Universidades Rurais de cada comarca, coa participación activa das persoas que protagonizan esta iniciativa: a xente do rural que coa súa presenza, apoio e participación activa quixeron por de manifesto que o Mundo Rural está Vivo.

Ao longo da mañá sucederonse diferentes intervancións das responsables da Universidade Rural Paulo Freire-URPF, intercaladas coa participación de persoas invitadas e con momentos máis simbólicos que, a modo de pinceladas, mostraron aspectos vinculados a saberes, saber-facer prácticos, ... un dos eixos centrais do proxecto educativo da URPF.
Así, tras a acollida das persoas participantes a ritmo de música, un saluda das diferentes comarcas implicadas no proxecto e unha entrega simbólica de sementes “A Terra e a Biodiversidade son a nosa vida” , comezou a presentación do acto a cargo de Mª del Mar Martín, presidenta de Universidade Rural Paulo Freire.
A proxección do video “¿como se construiu a URPF?” introduciu a explicación do proceso de creación da URPFe a presentación do proxecto educativo a cargo de Jeromo Aguado.
Entre as persoas invitadas que tomaron a palabra destacar, o saluda de campesiñas e campesiños doutras latitudes a través de Via Campesina, a intervención do representante da FAO para España e Andorra, así como persoas das diferentes comarcas que a través da mostra de pequenos traballos vinculados á urdimbre quixeron simbolizar un eixo transversal do traballo da URPF: “ O Traballo en Rede é a Nosa Fortaleza”.
O acto rematou cun pequeno pequeno pincho baixo o lema: “A Alimentación é un Dereito de Todas as Persoa” e coa presentación do libro “Sol y Sal de Mar” de Daniel Jover.
A Universidade Rural do Eume estivo representada por Félix Pena, un dos membros da mesma, e acompañado por Miguel Teixido, xerente de Euroeume, asociación promotora do proxecto Universidade Rural do Eume e Cesar Dapena, presidente da Asociación de Artesáns do Eume, asociación que está colaborando activamente neste proxecto.