galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Convocada a Asamblea Xeral de Euroeume
Convocada a Asamblea Xeral de Euroeume
03/07/2008
O próximo xoves, 17 de xullo, ás 20.00 horas, celebrarase unha nova convocatoria da “Asamblea Xeral” da Asociación Euroeume na Casa da Cultura do Concello de A Capela. Esta asamblea está aberta a tódalas asociacións e persoas interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue esta asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.

Esta convocatoria ten unha gran importancia, posto que nela débense establecer e aprobar diversas cuestións necesarias para que a Asociación Euroeume prepare a candidatura para o próximo período Leader +, que recentemente convocou a Consellería de Médio Rural. Así nesta convocatoria haberá unha convocatoria Extraordinária, que se celebrará a continuación da convocatoria Ordinária.


Os temas incluidos na parte ordinaria da Asamblea refírense á aprobación das contas do exercicio anterior, e do orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume durante o ano 2007: Programa EQUAL muller XXI, Programas vinculados a IRPF e da Xestión da Iniciativa Comunitaria Leader +, tanto dos proxectos públicos e privados subvencionados, como dos proxectos impulsados pola Asociación: Xornal comarcal Pegadas, musealización do Castelo de Moeche, implantación da Axenda 21 local, desenvolvemento dun Sistema de Información Xeográfico do territorio e Universidade Rural Paulo Freire.

Este ano, e como preparación para a candidatura do novo programa Leader, a Asamblea Xeral terá traballo extra. Convócase para a mesma data unha Axamblea Extraordinaria que se celebrará a continuación da ordinaria e que terá como puntos principais a modificación dos estatutos da Asociación, a definición dun calendario para as mesas sectoriais que orienten o Plan Estratéxico que debe constituir a candidatura para o novo Programa, e o debate sobre a ampliación da Xunta Directiva, que podería pasar dos 14 membros que ten actualmente a estar formada por 21 membros, dando entrada aos alcaldes dos nove concellos e aumentando o número de representantes das asociacións da zona para que a Xunta Directiva manteña unha maioría de representantes do sector privado.