galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
novas euroeume
pagina anterior páxina 7 de 10 pagina siguiente
30/12/2008
O día 29 de decembro a Consellería de Medio Rural fixo pública a resolución sobre as candidaturas do Programa Leader para o periodo 2008-2013.

Para aquelas persoas interesadas en coñecer a resolución publicada por AGADER poden descargala seguindo este enlace á páxina de AGADER:

AGADER



11/11/2008
O vindeiro 13 de novembro, o Concello de San Sadurniño, coa axuda Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, organiza unha xornada de difusión sobre a creación e funcionamento de cooperativas.

Esta acción está destinada a todas aquelas persoas emprendedoras que queiran coñecer como se crea e como funciona unha cooperativa.


Ler máis
08/10/2008
TALLER DE CANTEIRIA

Datas: 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de novembro de 2008
Horario: venres de 16:30 a 20:30 / sábados: 10:00 a 14:00 – 16:00 a 19:00 / domingos: 10:00 a 14:00
Lugar: Taller de Canteiria. Polígono dos Airios nº40. As Pontes. A Coruña
Impartido por: Cesar Dapena Pichel, Canteiro e Escultor
Número de Horas: 45 horas
Número de Prazas: 8 prazas
Dirixido a: maiores de 18 anos
Prezo: para un grupo de 8 persoas máximo: 290 €/ persoa



CURSO DE TORNERIA DE MADEIRA


Datas: 8, 15, 22 e 29 de novembro e 13 de decembro de 2008
Horario: sábados: 10:00 a 14:00 – 16:00 a 20:00
Lugar: Obradoiro Taxus. Vilamateo, Liñares, nº27. Vilarmaior. A Coruña
Impartido por: Xavier Martín, Torneiro
Número de Horas: 40 horas
Número de Prazas: 10 prazas
Dirixido a: maiores de 16 anos
Prezo: para un grupo de 6 a 10 persoas máximo: 290 €/ persoa
para un grupo de ata 5 persoas máximo: 345 €/ persoa




Organiza: UR do Eume
Colabora: Asociación Euroeume / Asociación Artesáns do Eume

Máis información nos teléfonos:
981 440668 / 981 440729

Tamén se poden descargar as fichas de inscrición desde esta mesma páxina.

Ler máis
10/09/2008
O Concello de San Sadurniño, en colaboración coa Asociación Euroeume, e como continuación aos traballos realizados no marco da Axenda 21, vai desenvolver e regulamentar de maneira pioneira os Orzamentos Participativos no contexto galego. Neste proceso a veciñanza decide como se empregará
unha parte do diñeiro público, neste caso para o ano 2009.

Nesta páxina podes descargar os documentos que explican as bases reguladoras do proceso e a ficha para presentar as túas propostas.

Ler máis
10/09/2008
Na Asamblea da Asociación ademais de presentarse as liñas de traballo para o próximo Programa Leader, escolléronse os membros que formarán parte da Xunta Directiva da Asociación.

O pasado luns, 8 de setembro, no Centro de Dinamización Empresarial da Asociación Seara en As Pontes, celebrouse unha Asamblea Xeral na que se presentaron as liñas de traballo do Plan Estratéxico para os próximos anos, que ademáis constituirá a candidatura da Asociación Euroeume para o Programa Leader 2008-2013. As liñas de traballo presentadas partiron fundamentalmente das Mesas Sectoriais convocadas por esta entidade para favorecer a participación dos axentes do territorio na definición das actuacións a levar a cabo durante os próximos anos. No transcurso desta Asamblea tamén se procedeu elección dos once cargos correspondentes as asociacións que forman parte de Euroeume.

Ler máis
14/08/2008
A Asociación Euroeume, con motivo da elaboración da candidatura para o Programa Leader 2007-2013, ven de convocar as Mesas Sectorias do Turismo e dos sectores Agrogandeiro e Forestal. Nestas mesas de traballo sentaranse as bases do Plan Estratéxico da Asociación para os vindeiros anos, e as propostas indicadas por cada un dos sectores marcarán as liñas de traballo para Euroeume no próximo periodo Leader.

Ler máis
22/07/2008
O pasado xoves, día 17, a Asamblea Xeral aprobou o calendario de traballo para establecer o Plan Estratéxico da Asociación para os próximos anos. Marcáronse as primeiras datas para convocar as mesas sectoriais, ás que están convidadas todas as persoas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento do territorio.

mesas sectoriais
ampliar imaxe [+]


Ler máis
18/07/2008
Onte, xoves 17 de xullo, celebrouse, na casa da Cultura de A Capela, a Asemblea Xeral da Asociación Euroeume. No transcurso da mesma, ademais de aprobarse as Contas anuais da asociación durante a sesión ordinaria, houbo unha convocatoria extraordinaria na que se acordou modificar os estatutos e a composición da Xunta Directiva, e se explicou como se van organizar as mesas sectoriais no territorio de cara á preparación da candidatura para o Leader 2007-2013.

Ler máis
03/07/2008
O próximo xoves, 17 de xullo, ás 20.00 horas, celebrarase unha nova convocatoria da “Asamblea Xeral” da Asociación Euroeume na Casa da Cultura do Concello de A Capela. Esta asamblea está aberta a tódalas asociacións e persoas interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue esta asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.

Esta convocatoria ten unha gran importancia, posto que nela débense establecer e aprobar diversas cuestións necesarias para que a Asociación Euroeume prepare a candidatura para o próximo período Leader +, que recentemente convocou a Consellería de Médio Rural. Así nesta convocatoria haberá unha convocatoria Extraordinária, que se celebrará a continuación da convocatoria Ordinária.


Ler máis
21/06/2008
Baixo o lema “Cando Hai Festa E Porque Se Celebra Algo Importante” presentouse en Madrid a Universidade Rural Paulo Freire.
O pasado 20 de xuño de 2008 presentouse a Universidade Rural Paulo Freire-URPF no Palacio de Congresos de Madrid. O acto contou, ademais de cos equipos das Universidades Rurais de cada comarca, coa participación activa das persoas que protagonizan esta iniciativa: a xente do rural que coa súa presenza, apoio e participación activa quixeron por de manifesto que o Mundo Rural está Vivo.

Ler máis