galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
CREASE EN SAN SADURNIÑO UNHA HORTA DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS
CREASE EN SAN SADURNIÑO UNHA HORTA DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS
11/03/2009
O vindeiro 13 de Marzo, no concello de San Sadurniño, a partir das 16:00 horas, realizarase a plantación de 242 frutais autóctonos e antigos, que resultan de alto interese e que tanto desde o Concello, como desde a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume, creen que é de vital importancia conservar. Plantaranse árbores de 58 variedades de maceiras, 36 variedades de pereiras, 10 variedades de ameixeiras, 16 variedades de cerdeiras y 1 variedad de pexegueiro.

Nesta Horta de Conservación está previsto chegar, ao final da plantación, aos 500 frutais cun total aproximado de 250 variedades. Para esta iniciativa o Concello poñerá a disposición unha finca de 1 hectárea, situada no núcleo principal de San Sadurniño e a carón do Centro de Día que actualmente está a construír o Consorcio Galego de Benestar.



Existen referencias históricas e testemuñas da importancia que tiña a comarca e o seu entorno na produción e comercialización de froitas de diferentes especies e variedades, así como da súa calidade, ata tal punto de constituír unha fonte de ingresos de moitas familias ata hai non moitas décadas.

Proyecto: HORTA DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS

Objetivo: Conservación de variedades autóctonas y antiguas existentes en las Comarcas del Eume, Ferrol y Ortegal

Lugar: SAN SADURNIÑO – Finca a “Cortiña”


Promove:
Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume y Concello de San Sadurniño

Administracións colaboradoras:

Consellería do Medio Rural e Deputación de A Coruña