galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
PRESENTACIÓN DO ESTUDO DO COMERCIO LOCAL POLO MIUDO
PRESENTACIÓN DO ESTUDO DO COMERCIO LOCAL POLO MIUDO
05/02/2009
O xoves 5 de febreiro, no Centro de Maiores de Pontedeume, ás 20.30 horas realizarase o acto de presentación do libro no que se recollen as principais conclusións deste estudo, así como o plan proposto pola Consultora Proxectos para conseguir mellorar a situación do comercio polo miúdo no territorio.


Aquelas persoas interesadas en obter un exemplar deste estudo poden contactar coa Asociación Euroeume a través do teléfono, ou do formulario de contacto que figura nesta páxina web.


ampliar imaxe [+]


No estudo realizáronse enquisas a 433 establecementos e 862 clientes, e no libro pódense ver os resultados, que mostraron unha serie de problemas, como pode ser a tendencia da poboación a comprar fóra do seu municipio de residencia por diversos motivos. No estudo tamén se mostran as opinións dos comerciantes sobre cales son os principais problemas do seu sector.

Ante os problemas descubertos despois da realización do estudo, no libro proponse un plan de acción para solventar, ou minimizar estas problemáticas. Solucións que teñen como destinatarios non só aos comercios e aos comerciantes, senón tamén a todos os axentes que dalgún xeito interactuan con este sector: Administracións públicas, Cámaras de Comercio, Asociacións de comerciantes, etcétera.

Arquivos relacionados: novasarq_49_1.pdf