galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
EuroEume volveu a resultar beneficiaria dos fondos Leader.
EuroEume volveu a resultar beneficiaria dos fondos Leader.
27/01/2009
A Asociación considera “alonxada das expectativas” a dotación económica concedida para o periodo 2.007-2.013. Coa firma do convenio arranca un novo ciclo de axudas a proxectos no territorio.

O programa de desenvolvemento rural neste territorio presentouno a Asociación EuroEume e correspondeulle unha dotación inicial de 3.454.796 euros.
Esta cantidade foi calificada por responsables de EuroEume como de insatisfactoria, xa que dista de cumplir as expectativas da Asociación. Así solicituose unha reunión co Director Xeral de Agader para ver cales foran as causas do baixo nivel de financiación do proxecto. No transcurso da reunión o Director Xeral xustificou a dotación recibida na superficie e poboación do territorio, si ben recoñeceu que non se tivo en conta a experiencia na xestión en anteriores programas de desenvolvemento, o cal houbera significado un maior recoñecemento e financiación.
En reunión da Xunta Directiva, celebrada o pasado dia 12 de Xaneiro en Pontedeume, acordouse solicitar a Agader a documentación relativa ao proceso de selección por si houbera algún erro, xa que a resolución parece non axustarse estrictamente aos criterios contidos na convocatoria.



Sinatura do Convenio

Independentemente desta solicitude de documentación, o 28 de Xaneiro EuroEume asinou o convenio coa Xunta de Galicia para colaborar na xestión dos fondos do Leader, nun acto protocolario celebrado en Santiago no Salón de Actos do Centro Galego de Arte Contemporáneo, ao cal Agader cursou invitacións a todos os membros da Asociación EuroEume e das outras entidades beneficiarias na provincia.

Apertura das axudas

Coa sinatura do convenio e a aprobación por parte de EuroEume do baremo de selección de proxectos, ábrese un novo ciclo de axudas para contribuir ao desenvolvemento sostible do territorio.
Esta prevista a edición dun folleto informativo sobre as axudas (proxectos subvencionables, requisitos, documentación necesaria, procedemento de tramitación, etc.) e a realización de charlas en todos os concellos e nas entidades que así o soliciten. De todas maneiras toda a información e documentación estará disponible na web de EuroEume (www.euroeume.org) ou na propia sede social da Asociación, na R/ Capela 21 baixo, e nos teléfonos 981.440.668 e 981.440.729.