galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
novas euroeume
pagina anterior páxina 6 de 10 pagina siguiente
21/10/2009
Como cada ano, o 1 de novembro celébrase nas Pontes a “Feira dos Fungos e Cogumelos”. Na súa vixésima edición repartiranse máis de mil euros en premios entre os participantes do concurso á mellor cesta de setas. A partir do día 26 de outubro, ata as 11.00 horas do mesmo día da feira será posible anotarse para participar neste certame que pretende fomentar o interese polo mundo da micoloxía e, sobre todo, polas especies que podemos atopar pola zona.

Ler máis
06/08/2009
O Concello de Moeche ven de convocar unha praza de animador deportivo con carácter temporal. As persoas interesadas poden descargar a convocatoria do arquivo adxunto a esta nova, ou na páxina web do concello: www.moeche.es/

Ler máis
06/08/2009
O Concello de Cabanas está a levar adiante un concurso-oposición para provisión con caracter de interinidade dunha praza de arquitecto superior.
As bases do concurso pódense descargar na páxina web do Concello, ou no arquivo adxunto a esta nova.

Ler máis
05/08/2009
O concello de San Sadurniño ven de convocar dúas prazas laborais temporais. Por unha banda convocouse unha plaza de técnico de orientación laboral. A contratación será por 6 meses. Todas as persoas interesadas poden descargar as bases das convocatorias nesta mesma páxina ou na páxina web do Concello
Por outra banda convócase tamén unha plaza de técnico deportivo, cunha duración de 1 ano. As bases desta plaza publicáronse no bop, e podedes acceder á información puslsando aquí, ou visitando a web do concello


Ler máis
15/06/2009
O día 16 de xuño, ás 19.30 horas, celebrarase, na Casa da Cultura da Capela, a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Euroeume. A orde do día é a seguinte:


1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior Asamblea Xeral.
2.- Explicación e aprobación, se procede, das Contas Anuais do ano 2.008.
3.- Aprobación, se procede, da liquidación do Orzamento do ano 2.008.
4.- Aprobación, se procede, do Orzamento para o ano 2.009.
5.- Información do Presidente.
6.- Rogos e preguntas.

Posteriormente ás Contas Anuais presentarase o video documental "EuroEume Programa Leader +", que recolle un resumo do que foi o programa a través de entrevistas con directivos da asociación e promotores de proxectos subvencionados por EuroEume no periodo 2002-2008.

Ao final do acto ofrecerase unha desgustación dos produtos da Agroalimentaria do Eume.
22/05/2009
Nas últimas semanas foron subidas á páxina do Fondo Documental para o Coñecemento do Eume cinco novas montaxes de vídeo. Estas montaxes correspóndense coa segunda parte dos vídeos dedicados á temática dos Usos e Costumes; a terceira e cuarta parte dos consagrados ao Campo e a Fraga e tamén a terceira e cuarta parte dos que teñen como trasfondo fundamental o mundo académico e da Escola.
Nestas montaxes os veciños entrevistados lembran e falan sobre estes tres aspectos fundamentais nas súas vidas, sobre todo no que se refire ás súas infancias, é dicir a época na que tanto os costumes, coma a escola ou a vida no campo eran máis diferentes respecto á actualidade.


Ler máis
21/05/2009
Este venres, 22 de maio, celébrarase o acto para a entrega dos premios do 1º concurso de relatos PEGADAS. O evento terá lugar na Biblioteca Municipal de As Pontes, e dará comezo ás 19.30 horas.

O primeiro premio, patrocinado por Endesa, é un mini-ordenador portatil. Este premio será para o mellor relato de entre os mais de 100 participantes. O segundo premio, para o mellor relato de Secundaria, ten o patrocinio de Playlife, e consiste nunha cámara dixital. O terceiro premio, para o mellor relato de Primaria, é un compelto MP4 doado por Severiano Agrocomercial.

Ademais durante o acto entregaranse outros agasallos (memorias USB, auriculares, lotes de libros, material escolar,...) que foron sorteados entre todos os participantes e que doaron os patrocinadores do concurso: Molares, Preludio Musical, Librería Ancora, Librería Jara, Librería Cunqueiro, Belleza y Bienestar, Fotografía Piñeiro e Lujo - Carlín.
18/05/2009
Esta xornada a organiza o Concello de San Sadurniño xunto á Sociedade Galega de Agroecoloxía, dentro do programa AEFER.

A xornada está dirixida a todas as persoas interesadas na Agricultura Ecolóxica, e pretende divulgar as súas potencialidades para protexer o medio ambiente, xerar produtos máis saudables e de maior valor e crear ou manter empregos nos espazos rurais

A xornada terá lugar na Casa da Cultura de San Sadurniño (Avda. Marqués de Figueroa, s/n), o vindeiro 30 DE MAIO DE 2009, SÁBADO, ÁS 11 HORAS.



Ler máis
13/03/2009
O vindeiro venres 13, ás 19.30 horas, presentarase este proxecto e a páxina web na que se mostra unha parte deste fondo referido á Historia do territorio de actuación da Asociación EuroEume. Esta presentación pública terá lugar no Museo Etnográfico da Capela. No acto proxectarase un audiovisual, elaborado especialmente para a ocasión, no que se poderá ver e escoitar unha explicación detallada do que é o Fondo Documental e das seccións nas que se divide a páxina web. Proxectarase tamén, a modo de mostra dos contidos da páxina, un pequeno documental elaborado en base a parte do material recollido sobre “Os usos e costumes” do territorio.



Ler máis
11/03/2009
O vindeiro 13 de Marzo, no concello de San Sadurniño, a partir das 16:00 horas, realizarase a plantación de 242 frutais autóctonos e antigos, que resultan de alto interese e que tanto desde o Concello, como desde a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume, creen que é de vital importancia conservar. Plantaranse árbores de 58 variedades de maceiras, 36 variedades de pereiras, 10 variedades de ameixeiras, 16 variedades de cerdeiras y 1 variedad de pexegueiro.

Nesta Horta de Conservación está previsto chegar, ao final da plantación, aos 500 frutais cun total aproximado de 250 variedades. Para esta iniciativa o Concello poñerá a disposición unha finca de 1 hectárea, situada no núcleo principal de San Sadurniño e a carón do Centro de Día que actualmente está a construír o Consorcio Galego de Benestar.



Ler máis