galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
A Xunta Directiva de Euroeume aprobou dous novos proxectos ao abeiro do Programa Leader 2007-2013
A Xunta Directiva de Euroeume aprobou dous novos proxectos ao abeiro do Programa Leader 2007-2013
30/03/2010
EuroEume apoia dous proxectos cun alto grao de innovación que serán desenvolvidos nas Pontes ao abeiro do Programa Leader e recibirán máis de 100.000 euros

A Xunta Directiva da Asociación EuroEume vén de aprobar dous novos proxectos cun alto grado de innovación. Ambos, que serán desenvolvidos por empresas pontesas, teñen á internet como referencia. Un deles permitirá aos veciños do rural mellorar o seu acceso á Sociedade da Información por medio dunha rede sen cables, mentres que o outro, posibilitará a venda online de produtos de automoción fabricados na zona.

En total, ambas empresas recibirán máis de 100.000 euros financiados polo Programa Leader.


Internet wifi banda ancha para a zona rural do territorio

O primeiro dos proxectos aprobados consistirá na instalación dos equipamentos necesarios que permitan achegar a internet de alta velocidade aos concellos que forman parte do ámbito territorial de EuroEume.

Para poñer en marcha este proxecto utilizarase o sistema máis extendido vía inalámbrica, pola súa relación prezo – rendemento.

Este proxecto será desenvolvido polo emprendedor Pablo Fernández Campello e contará cun orzamento de 157.365,40 euros, dos que 55.786,03 euros serán subsidiados polo Programa Leader 2007-2013.


PuzzleMotor

O segundo dos proxectos aprobados consiste nun portal de venda de compoñentes para automóbil a través de internet e de servizos integrais dirixidos ao mundo da competición. Abarca múltiples funcións, dende a organización de eventos relacionados co mundo do motor ata a importación, distribución, compra e venda ao por maior e polo miúdo de pezas para o automóbil. O negocio non consiste só na comercialización destes produtos, senón tamén na súa produción, polo que se inclúe a maquinaria necesaria para a súa produción (taller de flockado e taller para a elaboración de fibra de carbono), ademais dos elementos necesarios para a xestión.

Este proxecto será desenvolvido pola empresa PuzzleMotor,s.l. e contará cun orzamento de 155.785,46 euros para a súa execución, dos que 48.854,32 euros serán aportados polo Programa Leader 2007-2013.

Programa Leader 2007-2013

Estas axudas están enmarcadas no Programa Leader 2007-2013 e estarán abertas para a súa solicitude ata o 1 de setembro de 2013, podéndose recabar toda a información na páxina web da Asociación Euroeume www.euroeume.org.