galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Xornadas de consumo responsable nas Pontes
Xornadas de consumo responsable nas Pontes
09/12/2009
As xornadas centraranse nas temáticas do Comercio Xusto, Consumo Responsable e Turismo Solidario, e contan coa colaboración da Cooperativa Armeria e da Asociación de Empresarios SEARA.

En primeiro lugar celebrarase unha xornada sobre Consumo Responsable e Comercio Xusto, dedicada ás asociacións e persoas interesadas do territorio. Esta primeira sesión terá lugar o venres 11 de decembro, na Biblioteca Municipal de As Pontes a partir das 19.00 horas. A sesión estará dirixida por Clara Raposo González, da Cova da Terra de Lugo, e consisitirá na presentación de diversas experiencias nestes campos así como na organización dun obradoiro para que as persoas asistentes poidan mellorar o seu coñecemento destes conceptos.

As últimas sesións terán lugar o día 22 de xaneiro, unha vez pasadas as datas dos exames dos escolares e as festas. Durante a mañá do día 22 celebrarase a sesión destinada ao colectivo escolar, coa organización de obradoiros e charlas sobre estas tres temáticas no Centro de Dinamización Empresarial de SEARA, no polígono empresarial de Penapurreira. Pola tarde, e novamente na Biblioteca Municipal das Pontes e no mesmo horario que a primeira sesión, terá lugar un taller sobre Turismo Responsable e Solidario.

Os obxectivos destas xornadas céntranse en dar a coñecer estes conceptos á poboación do territorio, especialmente aos escolares e as entidades asociativas do territorio, de cara a acadar unha maior concienciación da mesma á hora do consumo, fundamentalmente referido aos produtos turísticos e agroalimentarios.