galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
A Feira de Fungos e Cogumelos cumpre vinte anos
A Feira de Fungos e Cogumelos cumpre vinte anos
21/10/2009
Como cada ano, o 1 de novembro celébrase nas Pontes a “Feira dos Fungos e Cogumelos”. Na súa vixésima edición repartiranse máis de mil euros en premios entre os participantes do concurso á mellor cesta de setas. A partir do día 26 de outubro, ata as 11.00 horas do mesmo día da feira será posible anotarse para participar neste certame que pretende fomentar o interese polo mundo da micoloxía e, sobre todo, polas especies que podemos atopar pola zona.

O xurado encargarase de valorar todas as cestas que tomen parte no concurso, prestando especial atención á correcta identificación das especies, ao seu estado e a variedade, ademáis da propia presentación das mesmas. O primeiro premio estará dotado con 300 euros, o segundo levarase 180 euros, para o terceiro clasificado haberá un premio de 120 euros, mentres que para a cuarta e quinta clasificadas destinaranse 60 euros. Asemade outorgarase un premio especial de 300 euros.

Para concursar será necesario presentar unha cesta que conteña un mínimo de dez especies diferentes, debidamente identificadas. Ademáis os participantes deberán ser maiores de idade e só poderán tomar parte neste certame cunha cesta que deberá permanecer na sede do certame entre as 11.00 e 14.00 horas do día da feria.

As inscricións poderanse realizar no departamento de Cultura, ubicado no primeiro andar da Casa Dopeso, telefonando ao 981 44 03 44 ou ben a través da dirección de correo electrónico cultura@aspontes.org.

Exposición de artesanía

Malia que o programa desta XX Feira dos Fungos e Cogomelos aínda está por pechar o que xa está confirmado é a celebración, tamén o 1 de novembro, da primeira Xornada de Artesanía do Eume na que participarán case unha vintena de artesáns que forman parte da Asociación de Artesáns do Eume e que aterrarán en As Pontes para dar a coñecer o seu traballo e poñer en valor os oficios de antano.