galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
novas euroeume
pagina anterior páxina 5 de 10 pagina siguiente
26/05/2011
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza unha acción formativa gratuita en materia ambiental para traballadores do sector da hostalería. Os temas a tratar no curso céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia enerxética.

O curso que leva por título "FP3-Curso de gestión de residuos y eficiencia enérgetica en hostelería" consta de 4 módulos, e impartiránse en 2 días en horario de 16 a 20 horas no IES FRAGAS DO EUME .

DATA Curso FP3: 30 E 31 de maio de 2011
16/05/2011
Euroeume está a colaborar nun proxecto promovido por Seara para facilitar a certificación das empresas de As Pontes. Este proxecto conta cunha subvención aprobada polo IGAPE para a realización da implantación e certificación de empresas en Sistemas de Xestión Medioambiental (ISO 14001) e de Calidade (ISO 9001).

Ler máis
25/04/2011
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza dúas accións formativas gratuitas para traballadores en activo en materia ambiental. Os temas a tratar nos cursos céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia enerxética.

Información e inscrición en:
Rúa Capela, 21 baixo. 15320 As Pontes
Tlf: 981 440729/ 981 440668
E-mail: info@euroeume.org
Web:http://ecoeume.euroeume.org

Período de inscrición aberto ata 2 días antes do inicio de cada curso.

Acción gratuita cofinanciada polo FSE

Ler máis
05/07/2010
O pasado 1 de xullo celebrouse en San Sadurniño unha charla de difusión do Programa Leader 2007-2013 que xestiona Euroeume para o territorio formado polos concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior. Unhas 20 persoas asistiron a esta charla ofrecida por Miguel Teixido Sotelo, Xerente de Euroeume, no salón de Plenos do Concello de San Sadurniño.

Ler máis
02/07/2010
O luns, día 5 de xullo, celebrarase a Asamblea Xeral de Euroeume na Casa da Cultura do concello de A Capela. Esta asamblea está aberta a todas as asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.

Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á aprobación das contas do exercio anterior e do orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase na mesma dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume ó longo do ano 2009: Xestión do Programa Leader 2007-2010, Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad, etc.
02/06/2010
A Asociación ven de publicar un novo folleto informativo sobre o programa, que explica polo miúdo en que consiste o Leader, o tipo de proxectos que se poden acoller a estas axudas, os requisitos que deben reunir os posibles beneficiarios, a documentación necesaria para solicitar estas axudas e os gastos e investimentos subvencionables. Este folleto informativo estase a repartir por todos os concellos do territorio e podese descargar nesta páxina web, na sección de descargas.
30/03/2010
EuroEume apoia dous proxectos cun alto grao de innovación que serán desenvolvidos nas Pontes ao abeiro do Programa Leader e recibirán máis de 100.000 euros

A Xunta Directiva da Asociación EuroEume vén de aprobar dous novos proxectos cun alto grado de innovación. Ambos, que serán desenvolvidos por empresas pontesas, teñen á internet como referencia. Un deles permitirá aos veciños do rural mellorar o seu acceso á Sociedade da Información por medio dunha rede sen cables, mentres que o outro, posibilitará a venda online de produtos de automoción fabricados na zona.

En total, ambas empresas recibirán máis de 100.000 euros financiados polo Programa Leader.


Ler máis
30/03/2010
A Asociación EuroEume vén de asinar un convenio de colaboración co Patronato do Museo Etnográfico.O Museo Etnográfico da Capela súmase así ao Espazo Temático Patrimonial Castelos e Mosteiros do Eume-Xuvia
A Asociación EuroEume xestionará as visitas do Museo Etnográfico “O Pazo” (A Capela) en virtude do convenio de colaboración asinado hoxe polo presidente da entidade de desenvolvemento rural, Xosé Castro Romero, e o presidente do Patronato do Museo Etnográfico, Xan Puentes Calvo.

A sinatura deste acordo de cesión ten validez dun ano prorrogable e permitirá incorporar o museo capelán á rede museística denominada Espazo Temático Patrimonial Castelos e Mosteiros do Eume-Xuvia, o “que implica a elaboración de materiais didácticos e promocionais, así como a súa inclusión en paquetes turísticos”.


Ler máis
03/03/2010
No mes de febreiro puxéronse en marcha os servizos de asesoramento contemplados no Proxecto Ecoeume, ambos gratuitos para todos os traballadores e PEMES interesados. Trátase de dous servizos diferenciados; o primeiro céntrase no asesoramento en materia medioambiental para as PEMES da zona, mentres que o segundo ten como obxectivo apoiar aos emprendedores que vaian crear empresas relacionadas co sector ambiental.

Ler máis
09/12/2009
As xornadas centraranse nas temáticas do Comercio Xusto, Consumo Responsable e Turismo Solidario, e contan coa colaboración da Cooperativa Armeria e da Asociación de Empresarios SEARA.

En primeiro lugar celebrarase unha xornada sobre Consumo Responsable e Comercio Xusto, dedicada ás asociacións e persoas interesadas do territorio. Esta primeira sesión terá lugar o venres 11 de decembro, na Biblioteca Municipal de As Pontes a partir das 19.00 horas. A sesión estará dirixida por Clara Raposo González, da Cova da Terra de Lugo, e consisitirá na presentación de diversas experiencias nestes campos así como na organización dun obradoiro para que as persoas asistentes poidan mellorar o seu coñecemento destes conceptos.

Ler máis