galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
As empresas participantes en EcoEume reciben a súa diagnose
As empresas participantes en EcoEume reciben a súa diagnose
14/09/2011
Un total de 76 empresas do territorio recibiron durante estas últimas semanas as diagnoses medioambientais dos seus centros de traballo, elaboradas gratuitamente por Euroeume no marco do proxecto Ecoeume.

Esta acción contemplaba a realización dunha diagnose ambiental das empresas que expresaron o seu desexo de participar nesta acción. O obxectivo desta acción era observar a situación actual das empresas en materia medioambiental e, a través dun informe propor as solucións máis axeitadas para levar a cabo unha xestión eficiente dos aspectos medioambientais na actividade industrial. Ademáis estas diagnoses servenlle ás empresas estudadas como paso previo para iniciar os procesos de certificación medioambiental.

Na sección de Documentación da web do proxecto pódese descargar o informe definitivo das diagnoses ambientais realizadas a 76 empresas do territorio, así como a presentación realizada deste informe nas Xornadas de Sensibilización Ambiental de As Pontes

Apoiado neste proceso, a Asociación Euroeume, en colaboración coa Asociación de Empresarios Seara As Pontes, realizou un proxecto a través do que se tramitaron axudas do 39% para a certificación en Sistemas de Xestión Medioambientais de 5 empresas do territorio .