galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
novas euroeume
pagina anterior páxina 4 de 10 pagina siguiente
26/09/2011
Durante este mes de setembro, en varios territorios participantes no proxecto de cooperación “Novos Horizontes” puxéronse en
marcha as primeiras parcelas demostrativas de nabiza para a obtención do “grelo”. Na nosa comarca existen dúas parcelas piloto localizadas en Naraío e nas Pontes.

Ler máis
20/09/2011
Por terceiro ano celebrarase en Goente (As Pontes) a feira do queixo e do mel. Agroalimentaria do Eume vai estar apoiando os seus socios neste dia. Durante toda a semana a Casa do Mel vai celebrar as XII xornadas apícolas e o Domingo rematarase coa feira e unha churrascada popular ( os tickets estarán a venta nos distintos locales da vila).
14/09/2011
Un total de 76 empresas do territorio recibiron durante estas últimas semanas as diagnoses medioambientais dos seus centros de traballo, elaboradas gratuitamente por Euroeume no marco do proxecto Ecoeume.

Esta acción contemplaba a realización dunha diagnose ambiental das empresas que expresaron o seu desexo de participar nesta acción. O obxectivo desta acción era observar a situación actual das empresas en materia medioambiental e, a través dun informe propor as solucións máis axeitadas para levar a cabo unha xestión eficiente dos aspectos medioambientais na actividade industrial. Ademáis estas diagnoses servenlle ás empresas estudadas como paso previo para iniciar os procesos de certificación medioambiental.

Ler máis
08/09/2011
Algunha vez pensaches en autoconstruirte unha casa? Téñennos afeitos a que pareza moi difícil pero sin embargo comprobaremos que é posible, con relativamente poucos recursos.

O obradoiro estruturarase en duas partes, unha para explicar e construir cimentación, muros e cuberta e outra para revocos.

DATAS:
Primeira parte: 15 e 16 de outubro
Segunda parte: 14 e 15 de xaneiro

Ler máis
12/06/2011
O Proxecto EcoEume, no marco do Programa emplea verde da Fundación Biodiversidad, pretender contribuir ao desenvolvemento sostible da zona, para acadar a modernizacion das empresas axudandoas a adaptarse á normativa ambiental.

Para promover estas actividades, organizanse dúas XORNADAS DE XESTIÓN AMBIENTAL NAS PEMES, a primeira na Escola Laica de Cabanas, o 17 de xuño, e a segunda no Centro Dinamizacion Empresarial, CEDE Seara, no Poligono Industrial de PenaPurreira, As Pontes, o dia 28 de xuño

Con estas xornadas sobre a xestión ambiental nas Pemes preténdese constituir un punto de encontro para participar activamente nas tarefas de divulgacion e sensibilizacion ambiental, que permita adquirir coñecementos para a procura de solucións aos problemas derivados da xeración de residuos.
26/05/2011
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza unha acción formativa gratuita en materia ambiental para traballadores do sector da hostalería. Os temas a tratar no curso céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia enerxética.

O curso que leva por título "FP3-Curso de gestión de residuos y eficiencia enérgetica en hostelería" consta de 4 módulos, e impartiránse en 2 días en horario de 16 a 20 horas no IES FRAGAS DO EUME .

DATA Curso FP3: 30 E 31 de maio de 2011
16/05/2011
Euroeume está a colaborar nun proxecto promovido por Seara para facilitar a certificación das empresas de As Pontes. Este proxecto conta cunha subvención aprobada polo IGAPE para a realización da implantación e certificación de empresas en Sistemas de Xestión Medioambiental (ISO 14001) e de Calidade (ISO 9001).

Ler máis
25/04/2011
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza dúas accións formativas gratuitas para traballadores en activo en materia ambiental. Os temas a tratar nos cursos céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia enerxética.

Información e inscrición en:
Rúa Capela, 21 baixo. 15320 As Pontes
Tlf: 981 440729/ 981 440668
E-mail: info@euroeume.org
Web:http://ecoeume.euroeume.org

Período de inscrición aberto ata 2 días antes do inicio de cada curso.

Acción gratuita cofinanciada polo FSE

Ler máis
05/07/2010
O pasado 1 de xullo celebrouse en San Sadurniño unha charla de difusión do Programa Leader 2007-2013 que xestiona Euroeume para o territorio formado polos concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior. Unhas 20 persoas asistiron a esta charla ofrecida por Miguel Teixido Sotelo, Xerente de Euroeume, no salón de Plenos do Concello de San Sadurniño.

Ler máis
02/07/2010
O luns, día 5 de xullo, celebrarase a Asamblea Xeral de Euroeume na Casa da Cultura do concello de A Capela. Esta asamblea está aberta a todas as asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.

Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á aprobación das contas do exercio anterior e do orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase na mesma dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume ó longo do ano 2009: Xestión do Programa Leader 2007-2010, Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad, etc.