galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Obradoiro de Conservación de Alimentos en Pontedeume
Obradoiro de Conservación de Alimentos en Pontedeume
09/01/2012
O vindeiro xoves, día 12 de xaneiro, realizarase un Obradoiro de Conservación de Alimentos, impartido polo cociñeiro Antonio Díaz, do Restaurante Andarubel, no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

Este obradoiro, organizado pola Asociación Euroeume, terá unha duración de 3 horas, entre as 16.30 e as 19.30, e a inscrición é gratuita.

O principal obxectivo deste curso é formar ás persoas asistentes nas diversas técnicas de conservación dos alimentos para que podan aproveitar durante o resto do ano os produtos de tempada: desde as froitas ata os cogumelos, as castañas, as hortalizas como grelos, tomates, etc.

Este obradoiro diríxese ás mulleres das asociacións e entidades do territorio, e os contidos que se traballarán céntranse nos aspectos teóricos e prácticos das diferentes técnicas de conservación dos alimentos de tempada: A deshidratación, a salazón, o conxelado, os escabeches, as conservas por esterilización e ao baleiro,...

Se ben a participación no obradoiro é gratuita, a existencia dun número limitado de prazas obriga a realizar a inscrición antes do mércores día 11 de xaneiro, outorgándose as prazas por orde de inscrición.

Para máis información pódense comunicar con Euroeume no número de teléfono 981440668, ou a través do correo electrónico agroalimentaria@euroeume.org.