galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Apertura convocatoria axudas 2.015
Apertura convocatoria axudas 2.015
30/01/2015
A Xunta Directiva da Asoc. EuroEume acordou reabrir o prazo de presentación de axudas ao abeiro do eixo Leader do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia correspondente á anualidade 2.015.



A admisión de solicitudes ábrese para o ámbito territorial abarcado pola Asociación EuroEume, e que comprende os concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Somozas e Vilarmaior.

O prazo de admisión de solicitudes comprende:

Apertura de prazo: 2 Febreiro de 2.015
Peche do prazo: 30 de Marzo de 2.015

O lugar de presentación de solicitudes será nas novas dependencias da Asociación, en Rua Juan Antonio Suances s/n, 15.320 As Pontes.

Pódese consultar os modelos normalizados para a presentación de axudas en www.euroeume.org; no apartado descargas/documentos.

O importe dispoñible para esta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras. Neste momento non pode darse a cifra concreta dese remanente, pero os promotores quedan advertidos de que Agader non vai examinar o seu expediente con carácter inmediato e de que a obtención de axudas quedará condicionada á existencia dos citados remanentes.