galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Guía de Sistemas Alimentarios Sostibles
Guía de Sistemas Alimentarios Sostibles
10/05/2018
Euroeume ven de editar unha guía sobre os Sistemas Alimentarios Sostibles. Unha introdución á problemática que rodea ao sistema de produción alimentaria que pretende ser un instrumento de apoio para avanzar cara unha sociedade máis sostible

Nesta guía infórmase sobre a importancia que ten a produción local no referido a diversos ámbitos: creación de emprego e riqueza, xestión territorial e medioambiental, soberanía alimentaria...

Nas páxinas desta guía inclúese unha listaxe dos produtores agroalimentarios da nosa comarca que están a traballar con produtos diferenciados, é dicir, aqueles cuxos produtos teñen certificación ecolóxica, ou que traballan produtos amparados por Denominación de Orixe Protexida, Identidade Xeográfica Protexida ou Especialidade Tradicional Garantizada.

Arquivos relacionados: novasarq_131_1.JPG