galego*castellano*english*english
localización produto do eume Diputación Coruña Leader Plus Euroeume
novas
Xornadas presentación do novo programa Leader 2.014-2.020
Xornadas presentación do novo programa Leader 2.014-2.020
21/03/2016
O martes 22 no concello de Moeche e o martes 29 no de As Pontes.

Con motivo da posta en marcha do novo período de programación Leader 2014-2020 celebraranse unha serie de encontros a nivel municipal coas diferntes entidades asociativas
para informar e motivar a adhesión dos actores locais, para constituír unha asociación sen ánimo de lucro, que posibilite concorrer ao Programa Leader de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Ortegal e Eume. Así como participar no proceso preparatorio da Estratexia de Desenvolvemento Local do noso contorno.

A primeira das xuntanzas terá lugar o Martes 22 na Casa do Concello de Moeche ás 19:00 h.
O seguinte martes, 29 de Marzo, será en As Pontes, tamén na Casa do Concello pero ás 20:00h.