Axuda | Normas | Identificarse | Rexistrarse
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Trucos de Cociña Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >| 
Trucos de Cociña

Autor Mensaxe

perico

Alta: 16/03/2007
Temas: 4
Mensaxes: 5
Data: 16/03/2007 13:49:34      Título: Trucos de Cociña
Fácil pelada de ovos cocidos

Este é un truco da miña sogra.

Cando os ovos son frescos, para que resulte mais doado quetarlles a cáscara, hai que botar unhas gotas de vinagre na auga.

Subir

perico

Alta: 16/03/2007
Temas: 4
Mensaxes: 5
Data: 12/02/2008 11:43:19      Título: Receitas de Cociña
Pizza de Revolto de Grelos con Touciño, chourizo e Queixo da Capela

Ingredientes:
500 grs. de grelos cocidos
1 ovo
Unha tira de touciño (100 grs), cortado en tacos
Un chourizo cortado en tacos
Queixo a vontade (para cubrir)
Un pouco de salsa de tomate para a base
Unha base de Pizza (A Napolitana, que son coruñeses e fan unhas cousas ben ricas)

Unha vez cocidos os grelos escúrrense ben (pero ben). Saltease o chourizo e o lacón un pouco, e despoís botamos os grelos. finalmente engadimos o ovo un pouco batido para facer o revolto.

Quentamos o forno e poñemos todo o revolto sobre a base da pizza, cúbrese cunhas lonchas de queixo e pa dentro, e en dez minutos listo. Rápido e rico
Subir
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Trucos de Cociña Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >|