Axuda | Normas | Identificarse | Rexistrarse
foros >> Asociacións >> Asociación Galega de Horticultura Urbana Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >| 
Asociación Galega de Horticultura Urbana

Autor Mensaxe

AGHU

Alta: 15/09/2009
Temas: 1
Mensaxes: 1
Data: 15/09/2009 12:19:21      Título: Asociación Galega de Horticultura Urbana
A Asociación Galega de Horticultura Urbana, todavía non é unha realidade, pero esperamos que o sexa a curto prazo. Estamos traballando para constituir esta asociación que esperamos sexa de gran axuda a todos, un lugar de encontro, e un sitio en común.

Estas son as espectativas que temos para ela:

* Servir como centro de encontro entre os afecionados a horticultura urbana en toda Galicia.
* Planificar charlas, cursiños e eventos para extender a cultura hortícula entre os urbanitas galegos.
* Servir como punto de intercambio de productos producidos de forma ecolóxica, excedentes, sementes, etc.
* Organizar festas, mercadillos e encontros gastronómicos e hortícolas nas urbes.
* Proporcionar axuda humanitaria e voluntaria a outras asociacións especializadas a través das técnicas hortícolas urbanas, recursos e producción dos asociados.
* Incentivar ós concellos a ceder terreos públicos e parcelas de xadíns como terreo cultivable polos asociados.

Nestes intres estamos a elaborar os nosos estatutos. Se queres colaborar nesta labor e entrar a ser parte da asociación como membro fundador, contacta connosco canto antes.

Para entrar a formar parte da asociación manda un correo electrónico a info@hortaurbana.info, cos teus datos de contacto e contándonos un pouco sobre a túa experiencia (ou falta dela) como horticultor urbano.

A nosa web e www.hortaurbana.info
Subir
foros >> Asociacións >> Asociación Galega de Horticultura Urbana Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >|