Axuda | Normas | Identificarse | Rexistrarse
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Parabéns pola iniciativa Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >| 
Parabéns pola iniciativa

Autor Mensaxe

Manoel

Alta: 24/07/2008
Temas: 2
Mensaxes: 9
Data: 24/07/2008 23:39:46      Título: Parabéns pola iniciativa
Quero simplemente enviarvos os meus parabéns pola Agroalimentaria. Xa era hora de que iniciativas coma esta se puxeran en marcha para darlle pulo ao noso rural, á nosa produción fronte aos produtos de fóra, menos fiables e menos ecolóxicos (aínda que só sexa polo trasporte que precisan).

Como consumidor concienciado co consumo local agradezo enormemente ter esta alternativa e ogallá xordan máis no país. Se se investise máis nisto e menos en trangalladas como o AVE... doutro xeito nos iría no país.

En fin, que espero poder probar a facer pedidos de contado. Parabéns tamén polo web que, como profesional do tema, está bastante ben organizado e é bastante máis doado de utilizar e máis útil que a maioría. E este foro unha gran idea!

Espero poder facer as miñas achegas no que poida para axudarvos a mellorar, p.ex. na cuestión da promoción, xa que á única pega importante que lle vexo: eu levo tempo buscando este tipo de oferta de produción local e non se vos localiza. Dei convosco dunha maneira totalmente diferente, procurando algo que non tiña moito que ver.

Saúdos para todos.
Subir

Manoel

Alta: 24/07/2008
Temas: 2
Mensaxes: 9
Data: 04/09/2008 20:06:15      Título: Parabéns pola iniciativa
Hoxe recibín o meu primeiro pedido da AA (se me permitides abreviar así o de AgroAlimentaria).

Os amorodos e as setas riquísimas... as galletas de Intermón, que vou dicir, xa as coñecía... ;-d

A ver se en troques de Perucao comezades a traer chocolate de Mascao porque daquela xa sería perfecto para min... que se non teño que ir a Compostela a por el soamente ;-D

Teño gañas de probar o leite... mágoa o axiña que caduca... :-(

Grazas e espero facervos moitos máis pedidos. O servizo foi perfecto!
Subir

Manoel

Alta: 24/07/2008
Temas: 2
Mensaxes: 9
Data: 16/11/2008 18:53:54      Título: Parabéns pola iniciativa
Vou engadir o link no blog da nova asociación que vimos de crear para concienciar á xente, entre outras cousas, da necesidade de apoiar o consumo local e ecolóxico de cara á que nos vai vir coa chegada do cénit do petróleo. Espero que non vos importe que deixe aquí a ligazón para quen lle poida interesar: http://vesperadenada.org

Como vedes, teremos dentro dunhas poucas semanas unha charla na que participará Patricia Pena ;-)
Subir

Euroeume

Alta: 20/11/2007
Temas: 0
Mensaxes: 10
Data: 21/11/2008 11:23:42      Título: Parabéns pola iniciativa
Ola Manoel. En primeiro lugar tamén queremos felicitarvos polas vosas iniciativas, que non son poucas.

Nos tamén incluiremos o voso enlace na páxina da Agroalimentaria e nos blogs que facemos dende Euroeume.

saúdos
Subir
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Parabéns pola iniciativa Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >|