Axuda | Normas | Identificarse | Rexistrarse
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Reducir o consumo de plásticos Páxina 1 de 2   |<  <  1 2 > >| 
Reducir o consumo de plásticos

Autor Mensaxe

M&M

Alta: 04/05/2008
Temas: 1
Mensaxes: 1
Data: 04/05/2008 21:03:24      Título: Reducir o consumo de plásticos
Sería posible que as verduras enviáranse envoltas en papel de periódico e sen bolsas de plástico?
conservan mellor as verduras e reduciríamos o consumo de plásticos.
Outra consulta ¿recolledes os botes de vidro de Iogur de A Cernada como facedes cos de mel?
Subir

Agroalimentaria do Eume

Alta: 05/05/2008
Temas: 0
Mensaxes: 1
Data: 05/05/2008 16:48:09      Título: Reducir o consumo de plásticos
Hola M&M,

As verduras non se deben envasar en papel de xornais xa que as tintas poden contaminar os alimentos. Usamos as bolsas de plástico porque como a verdura vai fresca e mollada, de non usalas rompen as bolsas de papel nas que mandamos os pedidos.

Con respecto ós botes dos iogures, si os entregades tamén os recollemos e os facemos chegar ó productor pero soamente pola leite devolvemos 0.15€ por botella.

Saudos
Subir

Manoel

Alta: 24/07/2008
Temas: 2
Mensaxes: 9
Data: 24/07/2008 23:44:10      Título: Reducir o consumo de plásticos
Eu coido que hai plásticos biolóxicos ou cando menos biodegradables. Deberiades probar con este tipo. Tamén hai unha cousa chamada papel de estraza que podería servir.
Subir

Euroeume

Alta: 20/11/2007
Temas: 0
Mensaxes: 10
Data: 06/11/2008 13:50:44      Título: Reducir o consumo de plásticos
Por fin podemos dicir que xa estamos na liña de reducir o consumo de plásticos, ou canto menos de usar bolsas ecolóxicas, que son biodegradables e se poden usar en composataxe. O mesmo vai suceder coas bandexas que usamos para enviar setas, fresas, froita, etc.

Tamén estamos á procura de materias non contaminantes de cara á utilizalos como recheo nos embalaxes utilizados para enviar os pedidos que se realizan a través da tenda on-line.
Subir

Manoel

Alta: 24/07/2008
Temas: 2
Mensaxes: 9
Data: 16/11/2008 18:50:49      Título: Reducir o consumo de plásticos
Pois nós non notamos o cambio. Será cuestión de se fixar máis! Non estaría de mais meternos un papeliño informativo sobre este cambio nas bolsas dos pedidos.

Estades a traballar coa empresa de Melide que fabrica bioplástico con fécula de pataca? Se non é así deberíades contactar con eles: http://www.casaalongos.com/
Subir
foros >> Agroalimentaria do Eume >> Reducir o consumo de plásticos Páxina 1 de 2   |<  <  1 2 > >|