Axuda | Normas | Identificarse | Rexistrarse
foros >> Asociacións >> Como crear unha asociación Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >| 
Como crear unha asociación

Autor Mensaxe

perico

Alta: 16/03/2007
Temas: 4
Mensaxes: 5
Data: 31/01/2008 16:22:14      Título: Como crear unha asociación
Gustaríame saber cales son os trámites que temos que realizar para crear unha asociación, e tamén onde podemos atopar esa información

Subir

Euroeume

Alta: 20/11/2007
Temas: 0
Mensaxes: 10
Data: 31/01/2008 16:25:20      Título: Como crear unha asociación
Para atopar a documentación relativa ao tema podedes entrar no seguinte enlace:
http://cpapx.xunta.es/portal/secretaria/plexislacion.htm

alí atoparas enlaces a :

Asociacións

* Artigo 22 da Constitución Española do 27 de decembro de 1978 (BOE nº
811-1, de 29 de decembro).
* Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de
Asociación (BOE nº 73, do 26 de marzo).
* Real decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o
regulamento do rexistro de asociacións e das súas relacións cos restantes
rexistros de asociacións (BOE nº 306 do 23 de decembro).
* Real decreto 397/1988, de 22 de abril, que regula asociacións xuvenís
(BOE nº 102, de 28 de abril).
* Real decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos
relativos a asociacións de utilidade pública (BOE nº 11, do 13 de xaneiro de
2004).
* Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen
fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE nº 307, do 24 de
decembro de 2002).

Para rexistrase hai que enviar os estatutos e demais documentación requerida no rexistro de asociacións, que está na Delegación da consellería de xustiza (en Coruña)

Saúdos
Subir

roi

Alta: 04/03/2008
Temas: 0
Mensaxes: 1
Data: 04/03/2008 22:42:13      Título: Como crear unha asociación
quisera montar unha granxa de ovos ecolóxicos e quisera que me orientárades un pouco dos pasos a seguir. Grazas
Subir

Euroeume

Alta: 20/11/2007
Temas: 0
Mensaxes: 10
Data: 08/04/2008 13:28:13      Título: Como crear unha asociación
Ola Roi

Con respeto á tua pregunta sobre a granxa de ovos, onde podes atopar mais informacion é na Oficina Agraria Comarcal da túa comarca. Eles teñen alí un formulario cos requisitos que teñes que cumplir para ter un Rexistro Avícola. Tes que cumplir varias cousas porque o dos ovos é un tema moi controlado: entre outras cousas hai que pedir unha licencia municipal para poñer unha explotacion de aves de posta e ter maquinaria para poñer a data de posta nos ovos.

Si tes pensado montar a granxa en ecolóxico é mellor poñerse en contacto co CRAEGA (982 40 53 00; www.craega.es), xa que hai normativa específica para produccion ecolóxica con respecto a distancias da nave e metros cadrados por ave. En canto as axudas que pode haber, dende a Conselleria do Medio Rural hai axudas para incorporacion de mozos ó rural asi que si tes menos de 40 anos quizá poidas optar a estas axudas. (DOG 22/02/2008)

Espero que che sirva de algo para empezar.

Sorte e un saúdo.
Subir
foros >> Asociacións >> Como crear unha asociación Páxina 1 de 1   |<  <  1 > >|