O Proxecto EcoEume, promovido e executado pola Asociación Euroeume, enmárcase dentro do Programa empleaverde 2007-2013 da Fundación Biodiversidad e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O obxectivo xeral deste proxecto é contribuir ao desenvolvemento sustentable do territorio a través da realización dunha serie de accións que contemplan o asesoramento, a realización de diagnoses ambientais gratuitas a empresas e a impartición de cursos para traballadores.
Fundación Biodiversidad y Programa Emplea Verde
A Fundación Biodiversidad é unha fundación do sector público estatal creada en 1998 polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro constituida para a realización de actividades de interese xeral relacionadas coas competencias do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, coa conservación, o estudo e o uso sustentable da biodiversidade así como coa sustentabilidade do desenvolvemento.
O Programa empleaverde, implantado por esta entidade, pretende ser unha oportunidade para os traballadores, as empresas e o medio ambiente. Neste programa a Fundación Biodiversidad actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Adaptabilidad y Empleo del Fondo Social Europeo 2007-2013. No marco deste Programa desenvólvense proxectos que permiten facer realidade os obxectivos para a mellora do emprego e do medio ambiente do Fondo Social Europeo e da Fundación Biodiversidad.