DIAGNOSES MEDIOAMBIENTAIS
Esta acción contempla a realización dunha diagnose ambiental das empresas que expresen o seu desexo de participar nesta acción. O obxectivo desta acción será observar a situación actual das empresas en materia medioambiental e, a través dun informe propor as solucións máis axeitadas para levar a cabo unha xestión eficiente dos aspectos medioambientais na actividade industrial. Ademáis estas diagnoses pódenlle server ás empresas estudadas como paso previo para iniciar os procesos de certificación medioambiental.
Esta acción dará comezo no mes de marzo do ano 2010 e prolongarase durante toda a duración do proxecto Ecoeume. |