






|
| ASESORAMENTO MEDIOAMBIENTAL |
Esta acción consiste no asesoramento e transmisión dos coñecementos precisos para poder implantar aquelas medidas medioambientais que consideren carentes nas empresas en que traballan os destinatarios, principalmente no referido a métodos de xestión ambiental, tratamentos de residuos e eficiencia enerxética. Ademáis de proporcionarlles toda a información sobre a aplicación das enerxías renovables, para poder abaratar costes e contribuir á sustetabilidade do medio ambiente. A duración desta actuación será de 16 meses, desde febreiro de 2010, posto que será unha ferramenta que se pon a disposición dos trabajadores e PEMES durante todo o periodo de funcionamento deste proxecto.
|
ASESORAMENTO Á CREACIÓN DE EMPRESAS |
Esta acción ponse tamén á disposición dos traballadores da zona desde o comezo do proxecto, cunha duración de 16 meses. O obxectivo é asesorar a aqueles traballadores que queiran iniciar unha actividade empresarial relacionada co sector medioambiental: xestión de residuos, instalación de sistemas que aproveiten enerxías renovables, etc. |
|