O Proxecto EcoEume, no marco do Programa
emplea verde da Fundación Biodiversidad, pretender contribuir ao
desenvolvemento sostible da zona, para acadar a modernizacion das
empresas axudandoas a adaptarse á normativa ambiental.
Para promover estas actividades, organizanse
dúas XORNADAS DE XESTIÓN AMBIENTAL NAS PEMES, a primeira na Escola Laica
de Cabanas, o 17 de xuño, e a segunda no Centro Dinamizacion
Empresarial, CEDE Seara, no Poligono Industrial de PenaPurreira, As
Pontes, o dia 28 de xuño
Con estas xornadas sobre a xestión ambiental nas Pemes preténdese
constituir un punto de encontro para participar activamente nas tarefas
de divulgacion e sensibilizacion ambiental, que permita adquirir
coñecementos para a procura de solucións aos problemas derivados da
xeración de residuos.
Cursos de Xestión
Ambiental en Hostalería
|
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume
organizou dúas unha acción formativa gratuita en materia ambiental para
traballadores do sector da hostalería. Os temas a tratar no curso
céntranse no impacto ambiental das actividades, xestión de residuos,
enerxías renovables e eficiencia enerxética.
O curso que leva por título "FP3-Curso de
gestión de residuos y eficiencia enérgetica en hostelería" consta de 4
módulos, e impartiránse en 2 días en horario de 16 a 20 horas no IES
FRAGAS DO EUME .
DATA Curso FP3: 30 E 31 de maio de 2011
Cursos de Impacto
Ambiental, Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética
|
Dentro do proxecto ECOEUME, Euroeume organiza dúas
accións formativas gratuitas para traballadores en activo en materia
ambiental. Os temas a tratar nos cursos céntranse no impacto ambiental
das actividades, xestión de residuos, enerxías renovables e eficiencia
enerxética.
Información e inscrición en:
Rúa Capela, 21 baixo. 15320 As Pontes
Tlf: 981 440729/ 981 440668
E-mail: info@euroeume.org
Web:http://ecoeume.euroeume.org
Período de inscrición aberto ata 2 días antes do inicio de cada curso.
Os cursos constan de 4 módulos, e impartiránse 4 días
á semana en horario de 16 a 20 horas en SEARA, no Polígono de
Penapurreira en As Pontes.
As datas dos cursos son as seguintes:
-Curso FP1: do 2 ao 5 e do 9 ao 12 de maio
-Curso FP2: do 16 ao 19 e do 23 ao 26 de maio
Os requisitos para poder acceder o curso é ser traballador en activo.
Unha vez inscrito a documentación a aportar é:
-fotocopia do DNI
-para acreditar que é traballador en activo, é necesario presentar un
dos seguintes documentos:
-Nómina de un dos últimos meses.
-TC2, dos últimos 3 meses.
-Vida laboral.
-Contrato de traballo.
Para autónomos:
-Xustificante do pago da cuota de autónomos
POSTA EN MARCHA DOS
SERVIZOS DE ASESORAMENTO MEDIOAMBIENTAL E DE ASESORAMENTO Á
CREACIÓN DE EMPRESAS
|
No mes de febreiro puxéronse en marcha os servizos de asesoramento contemplados no Proxecto Ecoeume. Trátase de dous servizos diferenciados; o primeiro céntrase no asesoramento en materia medioambiental para as PEMES da zona, mentres que o segundo ten como obxectivo apoiar aos emprendedores que vaian crear empresas relacionadas co sector ambiental (enerxías renovables, xestión de residuos, educación ambiental, etc)
As persoas interesadas poden dirixirse as oficinas da Asociación Euroeume, situadas na Rúa Capela, 21. As Pontes.
A Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino (MARM), deu a coñecer o pasado 24 de xullo os proxectos aprobados na convocatoria do programa empleaverde 2009. Entre os proxectos aprobados está EcoEume, presentado pola asociación EuroEume co obxectivo fundamental de contribuir ao desenvolvemento sostible do territorio.
Para acadar este obxectivo realizaranse diversas actuacións que xa estaban contempladas no Plan de Acción territorial derivado da posta en marcha da Axenda 21 territorial, e que contempla a aposta, entre outras cousas, pola mellora na xestión de residuos, a eficiencia enerxética e a realización de campañas de sensibilización en educación ambiental.