Lista de productos por fabricante: AA.VV. Monte Forgoselo

Monte Forgoselo é unha asociación de veciños constituída no ano 1985. Está composta por 120 socios que crían o seu gando dentro do espazo protexido Río Xubia Castro, incluído na Rede Natura 2000.


Esta asociación dedícase á produción de vacún de carne en base a cultivos forraxeiros en extensivo (natural), con acabado en cebadeiro para unha mellora da calidade do produto.