Lista de productos por fabricante: Arela

Arela produce marmeladas, conservas, licores, etc. unha variada gama de productos de calidade feitos para achegar o disfrute da boa froita ós momentos de mesa: no almorzo, como acompañamento ou nos postres, ou simplemente unha copa para tomar con amigos. 


Arela é unha empresa familiar que surxe de intentar converter nun medio de vida o amor polo bon facer no campo e na cociña. Procuran desenvolver un tipo de cultivo, o de “Pequenos Froitos”, que pode ser unha alternativa como actividade complementaria ás explotacións familiares de limitada superficie, tendo en conta que Galiza é unha zona idónea para este tipo de cultivos.