![]() |
|
CREASE UNHA HORTA DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS
11/03/2009
O vindeiro 13 de Marzo, no concello de San Sadurniño, a partir das 16:00 horas, realizarase a plantación de 242 frutais autóctonos r antigus, que resultan de alto interese e que tanto dende o Concello, como dende a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume, creen que é de vital importancia conservar. Prantaranse árbores de 58 variedades de maciñeiras, 36 variedades de pereiras, 10 variedades de ameixeiras, 16 variedades de cerdeiras e 1 variedade de pexegueiro.Nesta Horta de Conservación está previsto chegar, ao final da plantación, aos 500 frutais cun total aproximado de 250 variedades. Para esta iniciativa o Concello pon a disposición unha finca de 1 hectárea, situada no núcleo principal de San Sadurniño, xunto ao Centro de Día que actualmente está en construcción. Existen referencias históricas e testemuñas da importancia que tiña a comarca e o seu entorno na produción e comercialización de froitas de diferentes especies e variedades, así como da sua calidade, ata tal punto de constituír unha fonte de ingresos de moitas familias ata fai non moitas décadas. Proxecto: HORTA DE CONSERVACIÓN DE VARIEDADES AUTÓCTONAS Obxetivo: Conservación de variedades autóctonas e antigas existentes nas Comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal Lugar: SAN SADURNIÑO – Finca a “Cortiña” Promove: Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume e Concello de San Sadurniño Administracións colaboradoras: Consellería do Medio Rural e Deputación de A Coruña |
|