euroeume  
Axenda 21
  Novas
Responsables de Axendas 21 comarcais expoñen as súas experiencias ante mais de 60 técnicos municipais
 
Responsables de Axendas 21 comarcais expoñen as súas experiencias ante mais de 60 técnicos municipais
08/05/2008
O castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, acolleu o pasado 24 de abril unha xornada na que se expuxeron unha serie de experiencias exitosas na elaboración de Axendas 21 comarcais


Máis de sesenta técnicos de distintos concellos de toda Galicia asistiron esta mañá á xornada Experiencias exitosas en Axendas 21 Comarcais que tivo lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), sede do CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –.

Os asistentes á xornada tiveron a oportunidade de coñecer todos os procesos de elaboración dunha Axenda 21 de ámbito comarcal, así como tamén de cales son os seus retos e desafíos. Miguel Teixido, representante do Grupo de Acción Local Euroeume, sinalou que unha das claves do proceso de elaboración dunha Axenda 21 comarcal é a participación, ainda que tamén recoñeceu que este tipo de proxectos teñen un elevado índice de mortandade.

Óscar Tena, presidente da Mancomunidade Comarcal Els Ports (Castellón) e alcalde do
municipio de Morella centrouse en describir cales foron as dificultades para crear esta mancomunidade, que naceu en 1994. Asegurou a convocatoria para as reunións de grupo son un dos maiores problemas, “la clave del éxito de una Agenda 21 es ser constante y aplicar el Plan de Acción implicando a los políticos” ratificou Óscar Tena.

Nesta mesa redonda, tamén participou Aitziber Cortazar, responsable da
Sociedad para el Desarrollo Económico de Debabarrena (Guipúzucoa), encargada da Axenda 21 de Debabarrena. Ao igual que os outros membros da mesa, Cortazar sinalou que a dispersión xeográfica das zonas de actuación é un
dos graves problemas para a implantación dunha Axenda 21 comarcal. Este proxecto naceu no ano 2000, polo que a relatora explicou cales foron os
factores de éxito: implicación activa da administración, optimización dos
recursos, un Plan de Acción de Axenda 21 comarcal e o impulso da administración supramunicipal. A modo de conclusión, Aitziber Cortazar sinalou que na elaboración dunha Axenda 21 é importante non perder a perspectiva local, potenciar a participación cidadá e invertir máis tempo na definición do Plan de Acción e menos tempo no proceso de diagnóstico. Desta forma, asegurou que a Axenda 21 é unha ferramenta de xestión que aporta metodoloxía.

Participación cidadá

A participación cidadá como protagonista do desenvolvemento local, foi outro dos temas claves da xornada que tivo lugar esta mañá no CEIDA. Ignacio Celaya, Director Xeral de Participación Cidadá do Goberno de Aragón, foi o encargado de explicar por que é importante a opinión pública no desenvolvemento local. “La participación ciudadana es una de las líneas estratégicas de una Agenda 21”, asegurou Celeya. “Es un actor clave en la toma de decisiones más eficientes, ayuda a gestionar mejor los problemas y fomenta la creación de redes” dixo Ignacio Celaya.

Da importancia das redes disertou Dionisio Rodríguez, Subdirector Xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, que centrou a súa
ponencia en explicar a Rede Galega de concellos pola sostenibilidade. Rodríguez expuso as activades que se levan a cabo, os obxectivos que se persiguen, os criterios de adhesión e a estrutura desta nova figura.

galego Galego     castellano Castellano