euroeume  
  Axenda 21  
Benvidos á páxina da Axenda 21 Euroeume.

A Axenda 21, que nace a partir da Conferencia de Río en 1992, é un programa creado para establecer as bases para o deseño de estratexias de desenvolvemento económico que resulten sustentables e ambientalmente respectuosas, entendendo por sustentable aquel que satisface as necesidades das xeracións actuais sen poñer en perigo a satisfacción das necesidades das xeracións futuras"

Este proxecto, promovido pola Asociación Euroeume, contou coa participación de 7 dos 9 concellos do territorio: A Capela, Cabanas, Moeche, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

O obxectivo do mesmo é implantar modelos de desenvolvemento sostible nestes concellos a través da elaboración dun plan de acción conxunto (para todo o territorio), e individualizado (para cada un dos concellos).


24/03/2009
O Concello de San Sadurniño desenvolveu durante 2008 o proxecto Residuos e sustentabilidade en San Sadurniño. O seu obxectivo principal era a realización de actividades de educación para a sustentabilidade de cara á concienciación do conxunto da poboación do Concello sobre a importancia da minimización da produción de residuos e da súa correcta xestión. Polo tanto ía dirixido ó conxunto da poboación municipal, cun claro carácter interxeracional.
24/03/2009
O Concello de San Sadurniño, en colaboración coa Asociación Euroeume, e como continuación aos traballos realizados no marco da Axenda 21, vai desenvolver e regulamentar de maneira pioneira os Orzamentos Participativos no contexto galego. Neste proceso a veciñanza decide como se empregará
unha parte do diñeiro público, neste caso para o ano 2009.

Na páxina de Euroeume, e na do concello de San Sadurniño podes descargar os documentos que explican as bases reguladoras do proceso e a ficha para presentar as túas propostas.
11/03/2009
O vindeiro 13 de Marzo, no concello de San Sadurniño, a partir das 16:00 horas, realizarase a plantación de 242 frutais autóctonos r antigus, que resultan de alto interese e que tanto dende o Concello, como dende a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume, creen que é de vital importancia conservar. Prantaranse árbores de 58 variedades de maciñeiras, 36 variedades de pereiras, 10 variedades de ameixeiras, 16 variedades de cerdeiras e 1 variedade de pexegueiro.

Nesta Horta de Conservación está previsto chegar, ao final da plantación, aos 500 frutais cun total aproximado de 250 variedades. Para esta iniciativa o Concello pon a disposición unha finca de 1 hectárea, situada no núcleo principal de San Sadurniño, xunto ao Centro de Día que actualmente está en construcción.
08/05/2008
O castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, acolleu o pasado 24 de abril unha xornada na que se expuxeron unha serie de experiencias exitosas na elaboración de Axendas 21 comarcais


Ler máis
24/04/2008
Más de sesenta técnicos de distintos ayuntamientos de toda Galicia asistieron ayer a la jornada “Experiencias exitosas en Axendas 21 Comarcais”, que se celebró en el castillo de Santa Cruz, sede del Ceida.

Según fuentes de la organización, los asistentes tuvieron la oportunidad de conocer todos los procesos de elaboración de una Agenda 21 de ámbito comarcal, así como también de cuales son sus retos y desafíos.

Miguel Teixido, representante del Grupo de Acción Local Euroeume, señaló que una de las claves del proceso de elaboración de una Agenda 21 comarcal es la participación. Por su parte, Óscar Tena, presidente de la Mancomunidad Comarcal Els Ports, de Castellón, y alcalde del municipio de Morella se centro en describir cuales fueron las dificultades para crear esta mancomunidad, que nació en 1994.

En esta mesa redonda, también participó Aitziber Cortazar, responsable de la Sociedad para el Desarrollo Económico de Debabarrena, en Guipúzcoa, encargada de la Agenda 21 de Debabarrena. Al igual que el resto de miembros de la mesa, Cortazar señaló que la dispersión geográfica de las zonas de actuación es uno de los problemas para la implantación de una Agenda 21.

Fuente: El Ideal Gallego
galego Galego     castellano Castellano