Xa podes descargar a folla de pedido para a semana do 30 de xaneiro

Xa está dispoñible a folla de pedidos para esta semana do 30 de xaneiro. Os pedidos poderán chegar ata as 12 da noite do luns 30 de xaneiro, e realizaramos o reparto os días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.

Descargar Folla de Pedido

Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.org. Os pedidos pódense facer tamén por teléfono chamando ao teléfono 881 951 633. Lembrar tamén que os pedidos poden ser individuais ou colectivos (resultando así máis doado chegar aos 20 € necesarios para non pagar gastos de envío), indicando que pide cada un dos usuarios do colectivo para diferenciar os produtos á hora preparar os pedidos.

Esta folla de excel actualízase semanalmente en función das disponibilidades, variando principalmente os produtos de tempada. Este listado pódese ampliar con outros produtos en función do que nos podades suxerir: aceites, outros produtos ecolóxicos, conservas, legumes, fariñas…

By | 27 Enero, 2017|

Deje su comentario


*