Feliz ano 2017.

Desde Agroalimentaria do Eume e de parte de todos os seus asociados queremos deserxarvos un Feliz Ano 2017, que o mellor do 2016 sexa o peor desde ano que ven.

Para esta semana incluimos na folla de pedido algunhas novidades: coliflores ecolóxicas cultivadas en Neda, e tamén sementes ecolóxicas de liño e sésamo. Ademais de ter dispoñibles unha ampla variedade de hortalizas e froitas ecolóxicas, esta semana temos unha nova canal de terneira “Produto do Eume”, sacrificada o pasado 23 de desecmbro, que xa está no seu punto óptimo de maduración para o consumo.

Descargar Folla de Pedido

Os pedidos poderán chegar ata as 12 da noite do luns 2 de xaneiro, e realizaramos o reparto os días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.

Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.org. Os pedidos pódense facer tamén por teléfono chamando ao teléfono 881 951 633. Lembrar tamén que os pedidos poden ser individuais ou colectivos (resultando así máis doado chegar aos 20 € necesarios para non pagar gastos de envío), indicando que pide cada un dos usuarios do colectivo para diferenciar os produtos á hora preparar os pedidos.

Saúde  e bos desexos para todos

By | 31 diciembre, 2016|

Deje su comentario


*