A Asociación Agroalimentaria do Eume e todos os seus asociados queremos deserxarvos un Bo Nadal a todos. Boa comida, boa bebida e boa compañía 😉

E para o que se aproxima na próxima semana, engadimos tamén neste post o listado de produtos dispoñibles para que organicedes o voso menú de Fin de Ano: Carne de terneira “Produto do Eume”,  produtos de apicultura da “Casa do Mel”, diversos produtos de horta ecolóxica para acompañar os vosos pratos, lácteos da cooperativa “Campo Capela”, e para os postres manteigados e polvoróns artesáns de As Pontes, doces navideños ecolóxicos, e para rematar a festa os deliciosos licores de “Arela” ou de “Meigas Fora”.

Descargar Folla de Pedido

Os pedidos poderán chegar ata as 12 da noite do luns 26 de decembro, e realizaramos o reparto os días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.

Para realizar un pedido hai que descargar e cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.org. Os pedidos pódense facer tamén por teléfono chamando ao teléfono 881 951 633. Lembrar tamén que os pedidos poden ser individuais ou colectivos (resultando así máis doado chegar aos 20 € necesarios para non pagar gastos de envío), indicando que pide cada un dos usuarios do colectivo para diferenciar os produtos á hora preparar os pedidos.

Saúde  e bos desexos para todos