Folla de Pedido para a semana do 17 de outubro

Esta semana na folla de pedido incorporamoas algunhas das marmeladas artesanais de Arela elaboradas con sirope de ágave, de Arandos e Framboesas. Na parte inferior deste post podedes descargar o arquivo de excel cos produtos dispoñibles para a semana do 17 de ouctubro.

O reparto realizarase nos días habituais: o mércores (para as comarcas de Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño) e o xoves (Betanzos, Mariñas e A Coruña). Enviaremos un correo electrónico confirmando a recepción dos pedidos.

Para realizar un pedido hai que cubrir a folla de excel coas cantidades desexadas de produto, gardalo no ordenador e envialo por e-mail a pedidos@agroalimentariadoeume.org. Os pedidos pódense facer tamén por teléfono chamando aos teléfonos 981 440 668 ou 699 556 438. Os pedidos poden ser individuais ou colectivos (resultando así máis doado chegar aos 20 € necesarios para non pagar gastos de envío), indicando que pide cada un dos usuarios do colectivo para diferenciar os produtos á hora preparar os pedidos. Os gastos de envío son de 2 € para os pedidos inferiores a 20 €, e son gratuitos para os pedidos que superen esta cantidade.

Esta páxina actualízase semanalmente en función das disponibilidades, variando principalmente os produtos de tempada. Este listado pódese ampliar con outros produtos en función do que nos podades suxerir: aceites, outros produtos ecolóxicos, conservas, legumes, fariñas…

Se queredes ampliar esta información, ou tedes calquera dúbida podedes contactar connosco a través do correo electrónico pedidos@agroalimentariadoeume.org, e dos teléfonos 981 440 668 e no 699 556 438.

881 951 366.


Descargar folla de pedido

By | 14 octubre, 2016|

Deje su comentario


*