Un total de 9 restaurantes das comarcas do Eume e Ferrolterra participan nestas segundas xornadas da tenreira Produto do Eume. Organizadas polas Asociacións Euroeume e Agroalimentaria do Eume, que contan coa colaboración da Deputación da Coruña, as xornadas comezaron o pasado 19 de marzo e extenderanse ata o día 3 de abril.
As xornadas enmárcanse dentro do programa de promoción que a Asociación Euroeume está a organizar para dar a coñecer a marca de calidade territorial “Produtos do Eume”, para a que recentemente acadou a autorización da Xunta de Galicia, e que ten a intención de amparar ás producións alimentarias de calidade da zona, garantindo e certificando a orixe dos produtos e uns procesos de elaboración en base a uns regulamentos de producción.
cartel xornadas 2016
O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer ao gran público as cualidades dos produtos do Eume, especialmente a carne das tenreiras criadas pola Asociación Monte Forgoselo no espazo protexido Xuvia Castro. Unha carne cunhas características diferenciadoras baseadas nunha crianza en réxime de semiliberdade, cunha alimentación natural, e que son sacrificadas con 11 ou 12 meses de edade, despois de tres meses no cebadeiro da asociación. Antes da súa comercialización a carne pasa por un periodo de maduración mínimo de unha semana. O resultado deste proceso de crianza é unha carne máis tenra, xugosa e saborosa, cunha cor máis escura e cunha infiltración de graxa, similar á do vacún maior.
Casa Toñita (A Capela), CasAlexo (Ferrol), Hotel Chips (Narón), Mesón Os Tres Pes (Narón), O Muiño de Pepe (San Sadurniño), Casa Teresa (As Pontes), Mesón a Granxa (San Sadurniño), Café Bar Yellow (Cabanas) e Restaurante Tortoni (Fene) son os 9 restaurantes participantes.
Croca a grella con salsa de oporto
Todos eles ofertan de forma habitual esta carne, e para estas xornadas están a engadir nas cartas dos seus establecementos algunhas preparacións especiais. Así CasAlexo ademais da seu clásica Croca a grella con salsa de Oporto, incluirá entre outros pratos un cachopo de pez con queixo da Capela e unhas brochetas de terneira do Eume. O restaurante do Hotel Chips elaborará un rabo estofado de tenreira do eume ao mecía, e falda estofada con pemento choricero e viño tinto. Casa Toñita ofertará aos seus clientes algúns dos platos clásicos da súa carta, como o entrecot, as chuletas e a carne asada. O Muiño de Pepe, ademais das pezas clásicas de plancha, chuleta, entrecot e solomillo, introduce un xarrete de terneira do eume estofada. O Restaurante Tortoni, a súa ben coñecida carne ao caldeiro e chuletas. E a lista continúa cunha ampla variedade de pratos suculentos elaborados con esta carne.