agroEume
EuroEume
Actuacións promovidas
A Agroalimentaria do Eume ten como obxectivo promover actuacións nas seguintes áreas: Organización do sector Agroalimentario; Capacitación dos Produtores; Produtos e Produción; e Comercialización da Produción Local.

No referente á Organización do sector agroalimentario, a AAE pon en común as necesidades do sector para procurar solucións colectivas e ó mesmo tempo favorecer a participación e iniciativa dos axentes implicados.

En canto á Capacitación dos produtores, trabállase para implantar a xestión técnico económica necesaria para acadar a eficiencia competitiva requirida na actualidade. Estes traballos tradúcense na asistencia técnica aos produtores, e na colaboración que se lles oferta para a implantación de sistemas de xestión agrupados.

De cara aos Produtos e a Produción, trátase de normalizar a calidade dos produtos, de obter unha maior diversificación produtiva, da implantación de sistemas de control de grupo, e do fomento da transformación e elaboracións derivadas dos produtos locais. Para facilitar esta normalización crearemos unha marca colectiva que englobará a todos estes produtos. Para obter esta marca os nosos asociados deberán cumprir uns regulamentos de produción que serán os garantes da calidade dos diferentes produtos.

En canto á Comercialización, nos primeiros intres tratamos de coñecer as oportunidades de mercado, así como o nivel de aceptabilidade dos produtos para definir un proxecto de comercialización conxunta dos produtos locais axustados ás características do público obxectivo. Actualmente trabállase na implantación de canles curtas de comercialización, basicamente co sector de restauración e con consumidores finais.
 Galego     Español     English

© 2005 Euroeume. Tódolos dereitos reservados.