Obxectivos xerais
Os obxectivos xerais da Agroalimentaria do Eume son:
- Ter identificadas as fases de produción, mantendo un control sobre cada unha delas garantindo a trazabilidade.
- Identificar os produtos locais cun distintivo diferenciador.
- Fomentar novas técnicas de produción (control integrado, produción integrada, agricultura ecolóxica).
- Mellorar o proceso de comercialización dos produtores individuais (a través da unificación e da busca de novas canles de venda)
- Ofrecer ó consumidor produtos coa máxima seguridade e calidade (Trazabilidade).
- Incentivar o emprego agrario e sentar bases para futuras empresas transformadoras.
- Incrementar o valor percibido dos produtos agroalimentarios do territorio.